Roman Roun(en) 30 de maio de 2026 Kateřina Konečná 23 de outubro de 2021 - 30 de maio de 2026 Vojtěch Filip(en) 1 de outubro de 2005 - 9 de outubro de 2021 Miroslav Grebeníček(en) 26 de xuño de 1993 - 1 de outubro de 2005 Jiří Svoboda 13 de outubro de 1990 - 25 de xuño de 1993 Jiří Machalík 31 de marzo de 1990 - 13 de outubro de 1990
O Partido Comunista de Bohemia e Moravia (en checo, Komunistická strana Čech a Moravy ou KSČM) é un partido político checo fundado en 1989. A nivel europeo forma parte da Esquerda Unitaria Europea - Esquerda Nórdica Verde. A diferenza doutros partidos comunistas europeos o seu símbolo é unha cereixa. Ten[cando?] 107.813 membros e é un dos partidos comunistas non gobernantes máis grandes e votados do mundo, sendo o cuarto partido político checo en representación por detrás de TOP 09, ODS e o ČSSD.
Logo do II Congreso, varios grupos se separaron do KSČM, xurdindo novos partidos de esquerdas. En 1995 separouse un novo partido que se pasou a denominar Strana československých komunistů (Partidos dos Comunistas de Checoslovaquia), partido que actualmente recuperou o nome do Komunistická strana Československa (Partido Comunista da Tchecoslováquia) liderado por Miroslav Štěpán.
En maio de 2004, o VI Congreso do KSČM adoptou un novo programa titulado Esperanza para a República Checa (Naděje pro Českou Republiku).
O 12 de outubro de 2006 a organización xuvenil do partido, a Komunistický svaz mládeže ou KSM (Unión Comunista da Xuventude) liderada por Milan Krajča foi ilegalizada polo Ministerio do Interior da República Checa. Pouco despois se tratou de ilegalizar tamén ao propio KSČM, mais finalmente a proposta non prosperou.
1996: 2 mandatos - Ladislav Drlý, distrito electoral de Chomutov (22,0 e 56,0% votos; para 4 anos) e Antonín Petráš, Karviná (28,2 e 52,3% votos; para 6 anos)