Virgilio Nóvoa Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Virgilio Nóvoa Gil
Virgilio Nóvoa Gil 1936.jpg
Nacemento1913
 Lalín
Falecemento1970
 Toén
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Virgilio Antonio Nóvoa Gil, nado na Xesta (Lalín) en 1913 e finado en Toén en xaneiro de 1970, foi un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moi novo foi vivir a Pontevedra coa nai e as irmás. Estudou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid. Gran amigo de Manuel Cuña Novás, antes da guerra publicou dous libros de poemas e colaborou en periódicos e revistas como Vida Gallega, Diario de Pontevedra, El Progreso, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Libertad de Madrid. Foi mobilizado e loitou na Guerra Civil no bando nacional. Retornou a Pontevedra e colaborou nas revistas Sonata Gallega e Ciudad. Sabino Torres publicoulle en 1949 fragmentos do seu libro en prosa Agonía del hombre. Estivo recluído no sanatorio de Toen os últimos anos da súa vida.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Silencio, 1932.
  • El sueño desanclado, 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Novoa Gil, Virgilio (1999). El sueño desanclado y otros poemas. Pontevedra: Hipocampo amigo. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]