Ciudad
Aparencia
Ciudad | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Remata | 1948 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Provincia de Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ciudad foi un semanario editado en Pontevedra entre 1945 e 1948.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario de Pontevedra, apareceu o 21 de maio de 1945. Fundado e dirixido por Emilio Canda Pérez. Interrompeu a súa publicación o 12 de novembro, co número 26. Iniciou unha segunda época o 21 de xaneiro de 1946, principiando de novo a numeración, sen cambios relevantes con respecto á primeira. Publicaba información relativa á cidade de Pontevedra, pero tamén dedicaba un espazo á literatura, no que apareceron poemas de Celso Emilio Ferreiro e de Manuel Cuña Novás e artigos de Xosé Filgueira Valverde e Fermín Bouza-Brey. Cesou a súa edición co número 111, en 1948.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ciudad". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ciudad". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.