Valpaços

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaValpaços
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°36′N 7°19′O / 41.6, -7.32Coordenadas: 41°36′N 7°19′O / 41.6, -7.32
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Vila Real Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Algeriz (pt) Traducir
Bouçoães (pt) Traducir
Canaveses (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 25+
Poboación
Poboación16.882 (2011) Editar o valor em Wikidata (30,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie549 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5430 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico278 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvalpacos.pt Editar o valor em Wikidata
Igrexa parroquial de Valpaços.

Valpaços é unha cidade portuguesa do distrito de Vila Real, rexión Norte, subrexión do Alto Tras os Montes, comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, e da antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro, que contaba con 4 539 habitantes segundo o censo de 2011.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

É sede dun municipio que abarca 548,74 km² de superficie,[2] e cunha poboación de 16 882 habitantes en 2012.[1] subdividido en 25 freguesías.[3]

O municipio limita ao noroeste con Chaves, ao leste por Vinhais e Mirandela, ao sur por Murça e ao oeste con Vila Pouca de Aguiar.

Foi creado en 1836 por desmembramento do municipio de Chaves.

Poboación do municipio[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación (1864-2011) [4]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
23 591 25 571 24 486 25 179 25 297 23 912 26 050 29 395 33 599 33 984 27 350 26 066 22 586 19 512 16 882
Número de habitantes por idades (1900-2011) [5]
1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
0-14 anos 8 767 9 167 8 357 9 373 11 148 11 912 12 201 9 190 7 297 4 523 2 654 1 716
15-24 anos 4 783 4 216 4 233 4 530 4 918 6 437 5 759 4 635 4 559 3 633 2 504 1 576
25-64 anos 10 375 10 309 9 687 10 391 11 412 13 204 13 842 11 015 11 005 10 550 9 507 8 214
> 65 anos 1 078 1 436 1 374 1 606 1 782 1 913 2 182 2 510 3 205 3 880 4 847 5 376

Freguesías[editar | editar a fonte]

Freguesías do concello de Valpaços.

Desde a reorganización administrativa de 2012/2013,[3] o concello de Valpaços está dividido nas seguintes 25 freguesías:

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

A actual cidade de Valpaços remóntase ao primeiro período da nacionalidade (séculos XII-XIII).

Topónimo[editar | editar a fonte]

Os primeiros documentos escritos que citan a Valpaços datan do século XII. O topónimo ten orixe anterior. A freguesía comezaría por ser un pequeno reduto habitado por nobres e familias señoriais, atraídas por un conxunto de privilexios tendentes a poboar aquela rexión, tan próxima ao Reino de León e Castela.

Antigamente, "Vale de Paço" (e despois "Vale de Paços" até o século XIX) teñen raíces talvez mesmo na prenacionalidade, o que non é de estrañar nun territorio como o deste concello en que a arqueoloxía é notábel desde a época do Imperio romano, e a toponimia, especialmente a antroponímica de filiación xermánica, tan exuberante, constitúe o mellor documento do poboamento prenacional do territorio.

Guerra da Patuleia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra da Patuleia.
Tropas aplican vergalladas a un popular ("setembrista") durante a Patuleia.

O acontecemento máis importante da historia de Valpaços deuse seguramente a mediados do século XIX.

O 16 de novembro de 1846, durante a Guerra da Patuleia, enfrontáronse en Valpaços as tropas rivais ("cartistas" e "setembristas"). O movemento, que comezara de forma espontánea e que nun principio tiña características eminentemente populares, pasou nese momento a tomar implicacións políticas. Cerca de dúas decenas de mortos marcaron o paso por Valpaços dunha batalla, que despois proseguíu por terras de Murça.

Feitos da Guerra da Patuleia[editar | editar a fonte]

  • 6 de novembro - Costa Cabral, no exilio en España, é nomeado embaixador nese país.
  • 7 de novembro - Saldanha sae de Lisboa comandando forzas fieis do exército, despois de pasar revista ás tropas pola raíña e polo seu marido.
  • 16 de novembro - Acción de Valpaços. As forzas gobernamentais do conde de Casal venceron ás de Sá da Bandeira, comandante das forzas da Xunta.
  • 20 de novembro - O que restaba das forzas de Sá da Bandeira, de regreso ao Porto foron atacadas polas forzas miguelistas de MacDonell.
  • 25 de novembro - As forzas miguelistas entran en Guimarães.
  • 3 de decembro - Toma de Valença do Miño polas forsas gobernamentais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento).
  2. Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine.,
  3. 3,0 3,1 Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
  4. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE, Portugal.
  5. INE Portugal, censos quadros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]