Vincetoxicum hirundinaria
| Vincetoxicum hirundinaria | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vincetoxicum hirundinaria | |||||||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
| 'Vincetoxicum hirundinaria' Medik. | |||||||||||||||||||||||||

A Vincetoxicum hirundinaria é unha especies da familia das asclepiadáceas.

Descrición
[editar | editar a fonte]Erecta, case glabra, a miúdo perenne retorta de até 120 cm. Follas amplamente ovadas a amplamente lanceoladas agudas, pelosas en nervios e marxes por baixo. Flores brancas ou amarelas, de 3-10 mm de diámetro, nunha inflorescencia laxa de parte superior bastante plana. Lóbulos corolinos 5, ovados, carnosos, con escamas membranosas 2/3 o longo dos lóbulos. O froito é un par de folículos fusiformes. Especie moi variable. Florece a final de primavera e no verán.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Bosques, malezas, ribeiras secas, noiros pedregosos, mellor en chans calcarios.
Distribución
[editar | editar a fonte]Gran parte de Europa, excepto Islandia, Gran Bretaña e Irlanda.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Principios activos
[editar | editar a fonte]Contén alcaloides, ácido cloroxénico e ácido sinápico, flavonoides e cetonas terpénicas. Heterósidos ésteres como a vincetoxina (parecida á condurangina). Tamén contén amidón.[1]
Medicina popular
[editar | editar a fonte]É diurética, sudorífica, expectorante e depurativa. Tomada en grandes cantidades é tóxica e provoca vómitos e diarreas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dr. Berdonces I Serra. Vincetoxicum hirundinaria. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones ISBN 84-305-8496-X). p. 946.
- ↑ "Vincetoxicum hirundinaria". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2009.
- ↑ Sinónimos en Tela botánica