Vigairía apostólica católica latina de Arabia setentrional
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.335.000 (16,67 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua árabe | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.179.846 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de xuño de 1953 | ||||
Catedral | Holy Family Cathedral, Kuwait (en) | ||||
Páxina web | avona.org |
A Vigairía apostólica de Arabia setentrional (en latín: Vicariatus Apostolicus Arabiæ Settentrionale; en árabe: القاصد الرسولي في شمال المملكة العربية) é unha vigairía apostólica católica con sé en Kuwait, inmediatamente suxeita á Santa Sé. Actualmente a sé está vacante.
Historia
[editar | editar a fonte]A prefectura apostólica de Kuwait foi erixida o 29 de xuño de 1953 coa bula Quemadmodum dispensator do papa Pío XII, en territorios da vigairía apostólica de Arabia.[1] O 2 de decembro de 1954 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica coa bula Quandoquidem Christi do mesmo papa Pío XII.
O 27 de xaneiro de 1957 foi colocada a primeira pedra da catedral, que foi consagrada o 16 de marzo de 1961. En 1973 foi fundada unha parroquia de rito bizantino.
O 31 de maio de 2011 a vigairía apostólica estendeu a súa xurisdición sobre Arabia Saudita, Qatar e Bahrain, anteriormente baixo a vigairía de Arabia, e cambiou a súa denominación pola actual co decreto Bonum animarum da Congregación para a Evanxelización dos Pobos.
Territorio
[editar | editar a fonte]A vigaría estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de Kuwait, Arabia Saudita, Qatar e Bahrain. A xurisdición sobre Arabia Saudita é tan só formal, xa que no país non permítese cultos dunha relixión distinta á musulmá.
Malia ser unha xurisdición latina, a vigairía ten xurisdición tamén sobre os fieis doutras igrexas particulares, coa excepción dos exarcados patriarcais para os greco-melquitas e os siríacos no territorio de Kuwait. Os fieis dependentes da vigairía constitúen arredor dun 20%.[2] Porén, o bispo ten a obriga de que os fieis doutros ritos poidan practicar e observar as normas que lles son propias.
A sé da vigairía é a cidade de Kuwait, onde está a Catedral da Sagrada Familia no Deserto. O territorio está dividido en 7 parroquias: catro en Kuwait, dúas en Bahrain e unha en Qatar.
Liturxia
[editar | editar a fonte]Nos catro países sobre os que a vigairía estende a súa xurisdición, a fin de semana é o venres e o sábado, polo que nela pódese cumprir o precepto dominical dende o venres pola tarde,[3] aínda que recoméndase ir o domingo.[4]
Como festa propia destaca a solemnidade da Nosa Señora de Arabia, patroa da vigairía, que celébrase o segundo domingo de tempo ordinario.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Ubaldo Teofano Stella (29 de xuño de 1953 - 1966, renuncia)
- 1966 - 1976: Sé vacante, administrador apostólico Víctor León Esteban San Miguel Erce.
- Víctor León Esteban San Miguel Erce (31 de maio de 1976 - 5 de novembro de 1981, retirado)
- Francis George Adeodatus Micallef (5 de novembro de 1981 - 14 de xullo de 2005, retirado)
- Camillo Ballin (14 de xullo de 2005 - 12 de abril de 2020, finado)
- 13 de maio de 2020 - 27 de xaneiro de 2023: Sé vacante, administrador apostólico Paul Hinder.
- Aldo Berardi (nomeado o 28 de xaneiro de 2023)
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Constitución apostólica Quemadmodum dispensator do 29 de xuño de 1953, publicada nas Acta Apostolicae Sedis (AAS), vol. XLV (1953), n° 17 (28 de decembro de 1953), pp. 835-836
- ↑ About the Apostolic Vicariate of Northern Arabia, (en inglés)
- ↑ Feast Days & Days of Obligation in our Vicariate, (en inglés).
- ↑ Sunday - The Lord's Day (DIES DOMINI) Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., carta pastoral do Vigario Apostólico Camillo Ballin aos católicos de Kuwait, (en inglés).