Arquidiocese católica latina de Bagdad
Archieparchia Babylonensis Latinorum (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Sacerdote | 11 | ||||
Monxe | 13 | ||||
Monxa | 171 | ||||
Parroquia eclesiástica | 3 | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.150.000 (1970) (18,59 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Igrexa católica latina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 438.317 | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de agosto de 1848 | ||||
Catedral | Latin Saint Joseph Cathedral Baghdad (en) | ||||
A arquidiocese de Bagdad dos latinos (en latín: Archidioecesis Bagdathensis Latinorum) é unha sé da igrexa católica latina, inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2012 contaba con arredor de 1.000 bautizados. O seu arcebispo actual é Jean Benjamin Sleiman.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese de Babilonia (ou Bagdad) foi erixida o 6 de setembro de 1632, e comprendía ás catro provincias de Mesopotamia: Bagdad, Basora, Mosul e Emid.
Coa ocupación otomá de Mesopotamia en 1638, a sé foi transferida e unida á de Isfahán, e o bispo estaba representado en Bagdad por un vigairo apostólico coa función de administrador apostólico. Entre 1719 e 1773 os bispos volveron a residir en Bagdad. Dende esta data e durante case cincuenta anos a sé permaneceu vacante, e non foi até 1820 que se puido nomear un bispo latino para a Mesopotamia.
A diocese foi elevada a arquidiocese o 19 de setembro de 1848 coa bula Romanorum Pontificum do papa Pío IX. No século XIX abranguía os territorios de Mesopotamia, Curdistán e Armenia Menor. Nestas terras o arcebispo de Bagdad exercía tamén a función de delegado apostólico; e tamñen durante boa parte do século XVIII exerceu o cargo de administrador apostólico da arquidiocese latina de Isfahán en Persia, e de representante da Santa Sé ante o Patriarcado de Babilonia dos Caldeos.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de rito latino de Iraq, co seu territorio dividido en tres parroquias. A sé arcebispal é a cidade de Bagdad, onde se atopa a catedral de San Xosé.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Timoteo Pérez Vargas (6 de setembro de 1632 - 23 de decembro de 1639, renuncia)
- Jean Duval (18 de agosto de 1638 - 10 de abril de 1669, finado)
- Placide-Louis du Chemin (10 de abril de 1669 - 26 de xaneiro de 1683, finado)
- François Picquet (26 de abril de 1683 - 26 de agosto de 1685, finado)
- Louis-Marie Pidou de Saint-Olon (24 de novembro de 1687 - 20 de novembro de 1717, finado)
- Dominique-Marie Varlet (20 de febreiro de 1719 - 1 de novembro de 1719, renuncia)
- Emmanuel a S. Alberto Baillet (26 de novembro de 1742 - 4 de abril de 1773, finado)
- Jean-Baptiste Miroudot (15 de abril de 1776 - 24 de maio de 1798, finado)
- Pierre-Alexandre Coupperie (2 de maio de 1820 - 26 de abril de 1831, finado)
- Pierre-Dominique-Marcellin Bonamie (4 de maio de 1832 - 13 de febreiro de 1835, nomeado arcebispo de Esmirna)
- Marie-Laurent Trioche (14 de marzo de 1837 - 28 de novembro de 1887, finado)
- Henri-Victor Altmayer (24 de novembro de 1887 - 23 de agosto de 1902, renuncia)
- François Désiré Jean Drure (7 de novembro de 1902 - 27 de maio de 1917, finado)
- François Berré (9 de agosto de 1921 - 4 de abril de 1929, finado)
- Armand-Etienne-Marie Blanquet du Chayla (1 de abril de 1939 - 17 de setembro de 1964, retirado)
- Paul-Marie-Maurice Perrin (2 de agosto de 1965 - 16 de xaneiro de 1970, nomeado pro-nuncio apostólico para Etiopía)
- Ernest Charles Albert Nyary (23 de marzo de 1972 - 30 de maio de 1983, retirado)
- Paul Dahdah (30 de maio de 1983 - 30 de xullo de 1999, nomeado vigairo apostólico de Beirut)
- Jean Benjamin Sleiman (29 de novembro de 2000 - actualidade)