Vicki Baum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicki Baum
Vicki Baum.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1888 e 1888
 Viena
Falecemento29 de agosto de 1960 e 1960
 Hollywood e Os Ánxeles
Causaleucemia
NacionalidadeEstados Unidos de América e Austria
Ocupaciónguionista, escritora, xornalista, harpista e música
CónxuxeMax Prels e Richard Lert
Na rede
IMDB: nm0062139 Allocine: 98768 Allmovie: p216608 IBDB: 8946
Musicbrainz: 89a26511-c37c-44c7-81bd-b9892299a40c Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vicki Baum, nada en Viena o 24 de xaneiro de 1888 e finada en Hollywood o 29 de agosto de 1960, foi unha escritora austríaca nacionalizada norteamericana en 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Viena no seo dunha familia xudía, estudou no Conservatorio de Viena e traballou durante tres anos nunha orquestra de Alemaña tocando a arpa. Máis tarde traballou como xornalista para a revista Berliner Illustrierte Zeitung. Durante a primeira guerra mundial traballou durante un tempo como enfermeira, casou dúas veces, primeiro en 1914 cun xornalista austríaco que a introduciu no mundo cultural vienés e despois co director de orquestra Richard Lert. Dende 1931 residiu nos Estados Unidos e as súas obras prohibíronse na Alemaña nazi.

Baum comezou a escribir durante a adolescencia, pero non publicou o seu primeiro libro, Frühe Schatten ata 1920. A súa novela máis famosa é Menschen im Hotel (1929) da que se fixo unha adaptación cinematográfica en 1932, Grand Hotel que gañou o Óscar ó mellor filme. Escribiu máis de 50 novelas, e cando menos 10 adaptáronse para filmes de Hollywood. A partir de The Ship and The Shore (1941) escribiu as súas novelas en inglés. As súas memorias apareceron postumamente, en 1962 co título de Es war alles ganz anders.