Viacheslav Malafeev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vyacheslav Malafeev
Vyacheslav Malafeev 2011 Russia.jpg
Malafeev con Rusia en 2011
Información persoal
Nome completo Vyacheslav Aleksandrovich Malafeev
Nacemento 4 de marzo de 1979 (39 anos)
Lugar San Petersburgo, RSSF Rusia, Unión Soviética
Altura 1,85 m.
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Zenit San Petersburgo
Número 16
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2000 Zenit-2 San Petersburgo 54 (0)
1999– Zenit San Petersburgo 299 (0)
Selección nacional
2003– Rusia 27 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 6 de maio de 2012.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 12 de xuño de 2012.

Viacheslav Aleksandrovich Malafeev (en ruso Вячеслав Александрович Малафеев), nado en San Petersburgo o 4 de marzo de 1979, é un futbolista ruso. Xoga de gardameta e o seu club actual é o FC Zenit San Petersburgo. Ademais, é internacional coa selección de Rusia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

En 1997, Malafeev comezou a xogar no segundo equipo do FC Zenit San Petersburgo, da terceira división. Tivo a súa primeira oportunidad para xogar no primeiro equipo en 1999. Convertiuse no gardameta titular do Zenit en 2001. Gañou a Copa da UEFA na tempada 2007-08 co Zenit tras gañarlle na final ó Rangers FC.

Selección[editar | editar a fonte]

Malafeev debutou coa selección absoluta o 19 de novembro de 2003 contra Gales, nun partido de clasificación para a Eurocopa de Portugal de 2004, e participou en dous partidos na propia Eurocopa.

Foi incluído tamén no equipo da selección rusa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Advocaat announced the finalized Euro Squad" (en Russian). 25 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]