Vespa luctuosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vespa luctuosa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Superfamilia: Vespoidea
Familia: Vespidae
Subfamilia: Vespinae
Tribo: Vespini
Xénero: Vespa
Especie: V. luctuosa
Nome binomial
Vespa luctuosa
Saussure, 1854
Subespecies
Vexase o texto
Sinonimia
Vexase o texto

Vespa luctuosa é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos, tribo dos Vespini unha das integradas no xénero Vespa.[1][2]

É unha avespa coñecida polo seu potente veleno.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1854 polo entomólogo suízo, especializado en himenópteros e ortópteros, Henri Louis Frédéric de Saussure.[1][2]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Vespa negrosensis Kojima & Tano, 1985

Subespecies[editar | editar a fonte]

Dentro da especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[2]

  • Vespa luctuosa luctuosa Saussure, 1854
  • Vespa luctuosa luzonensis Bequard, 1934
  • Vespa luctuosa semperi Buysson, 1905

Características[editar | editar a fonte]

Vespa luctuosa mide 5 cm de longo, sendo a segunda avespa máis grande, despois do avespón xigante asiático (Vespa mandarinia).

Tende a construír os seus niños colgantes en árbores e matogueiras. Só raramente os constrúe en estruturas e vivendas humanas. Os niños construídos por Vespa luctuosa son xeralmente esféricos durante as primeiras etapas da súa construción; despois de que desenvolven en tamaño, tenden a ter unha orientación vertical máis alongada.[3]

Características do veleno[editar | editar a fonte]

O veleno de Vespa luctuosa ten a maior toxicidade rexistrada para os ratos de calquera outra especie de avespa. A LD50 do veleno é de 1,6 mg/kg. A toxicidade (media, contra ratos) por peso do veleno de Vespa luctuosa é superior á do avespón xigante asiático, que é máis grande e que ten unha LD50 de 4,0 mg/kg, pero que é responsábel de moitas máis mortes humanas que Vespa luctuosa debido ao volume considerabelmente maior de veleno inxectado por picadura.[4]

Ademais de ser a avespa máis velenosa coñecida, Vespa luctuosa ten unha das toxicidades máis altas rexistradas de calquera veleno de insecto coñecido. Sábese que o veleno de formigas xénero Pogonomyrmex (especialmente Pogonomyrmex maricopa), así como a especie de formiga Ectatomma tuberculatum, son máis tóxicas.[4]

Alén da dor no sitio da picadura, os síntomas de envelenamento grave por Vespa luctuosa inclúen convulsións, cianose e hematuria.[5]

Especie invasora en España[editar | editar a fonte]

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras, aprobado por Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vespa luctuosa de Saussure, 1854 en BioLib. Consultado o 18 de xullo de 20211.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Vespa luctuosa de Saussure, 1854 no GBIF. Consultado o 18 de xullo de 20211.
  3. Starr, Christopher K.; Jacobson, Robert S. (1990). "Nest structure in Philippine hornets (Hymenoptera, Vespidae, Vespa spp.)" (PDF). Japanese Journal of Entomology 58 (1): 125–143. 
  4. 4,0 4,1 Schmidt, Justin O.; Yamane, Soichi; Matsuura, Makoto; Starr, Christopher K. (1986). "Hornet venoms: Lethalities and lethal capacities" (PDF). Toxicon (Elsevier) 24 (9): 950–954. 
  5. Material safety datasheet Arquivado 07 de xullo de 2018 en Wayback Machine. para o veleno de Vespa luctuosa luctuosa.
  6. Vespa spp. (especies no europeas), en Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]