Saltar ao contido

Vernon Bellecourt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVernon Bellecourt
Biografía
Nacemento(oj) WaBun-Inini Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Reserva india de White Earth, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Minneapolis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo ojibwa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsClyde Bellecourt Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bellecourt-11

Vernon Bellecourt, nado nado na reserva india de White Earth o 17 de outubro de 1931, e finado en Minneapolis o 13 de outubro de 2007,[1] foi un activista indíxena estadounidense dos dereitos civís dos pobos indíxenas. Membro do pobo ojibwa, foi un dos máis recoñecidos membros fundadores do American Indian Movement (AIM), xunto con Dennis Banks e o seu irmán Clyde Bellecourt. O seu nome ojibwa é WaBun-Inini, que quere dicir "Home do amencer".[1][2]

Participou na marcha dos tratados de 1972, na ocupación de Wounded Knee en 1973 e nas protestas contra a superbowl en Washington D.C. do ano 1992. Foi encarcerado por lanzar sangue á embaixada de Guatemala e foi escollido como membro do consello tribal da reserva de White Earth.

  1. 1,0 1,1 "AIM Leader Vernon Bellecourt Dies at 75". AP. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2007. Consultado o 2007-10-13. 
  2. "Native Amer. Activist Bellecourt Dies, 75". CBS News. 2007-10-14. Consultado o 14 de outubro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]