Saltar ao contido

Verderolo serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verderolo serrano
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: 'Serinus'
Especie: ''C. citrinella''
Nome binomial
'Carduelis citrinella'
(Pallas, 1764)
Sinonimia

Carduelis citrinella

O verderolo serrano[2] (antes Serinus citrinella e agora Carduelis citrinella) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe polas montañas da Europa central e meridional.[3][4][5][6] Está presente en Galicia, mais lixeiramente ameazada pola destrución do seu hábitat e a súa recolección e a súa poboación mundial cífrase entre 475.000 e 600.000 exemplares.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Inicialmente atribuído ao xénero Serinus porén posteriormente propúxose o seu traslado, sobre a base de estudos de filoxenia molecular, a Carduelis. Aínda os diferentes autores non están de acordo sobre en que xénero debe situarse.[8][9] Serinus corsicanus ou Carduelis corsicana, que se distribúe por Córsega e Sardeña era antes considerada parte desta especie.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O macho no verán, de cor verde amarelado no peito, posúe un dorso verde de tonalidade máis apagada. O seu tamaño, pequeno, é de aproximadamente 12 cm de lonxitude, 19 de envergadura e pesa ao redor de 14 g.[10]

Trátase dunha ave gregaria, que aparece frecuentemente no chan ou en árbores, alimentándose de sementes. O seu voo, lixeiro e rápido, posúe ondulacións vigorosas. Aniña de maio a xullo pondo 4 ovos nunha ou dúas niñadas. O niño está tapizado de herba e peluxe vexetal. A súa distribución é europea (norte de España, sur de Francia e Alpes). Amosa preferencia polos bosques de montaña, especialmente de faias, piñeiros e abetos.

  1. BirdLife International (2012). "Carduelis citrinella". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada, Chioglossa, 1 (1999): 121-138 Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005
  3. "Carduelis citrinella (Pallas, 1764)". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-03-01. 
  4. Arnaiz-Villena, A.; Álvarez-Tejado, M.; Ruiz-del-Valle, V.; García-de-la-Torre, C.; Varela, P.; Recio, M. J.; Ferre.
  5. "El Origen de los Canarios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2023. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  6. "Phylogeny and rapid Northern and Southern Hemisphere speciation of goldfinches during the Miocene and Pliocene Epochs." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  7. Ficha no Atlas de las aves reproductoras de España, Ministerio de Medio Ambiente de España
  8. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". 
  9. Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2017. 
  10. Hume, Rob. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]