Ventas de Zafarraya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ventas de Zafarraya
Bandera de Ventas de Zafarraya (Granada).svg
Escudo de Ventas de Zafarraya (Granada).svg
Localización
Ventas de Zafarraya en Provincia de Granada
Ventas de Zafarraya
Ventas de Zafarraya
PaísFlag of Spain.svg España
Comunidade AutónomaFlag of Andalucía.svg Andalucía
ProvinciaGranada
Xeografía
Altitude920 msnm msnm
Superficie58 km² km²
Demografía
Poboación1.279 hab. (INE 2011)
Densidade66,51 hab./km²
XentilicioVenteño, -ña
Outros datos
Código postal18125
AlcaldeVictoriano Damián Crespo Moreno (PP)
http://www.ventasdezafarraya.es

Ventas de Zafarraya é unha entidade local autónoma (ELA), pertencente ao municipio de Alhama de Granada (provincia de Granada). Linda tamén co municipio granadino de Zafarraya e cos municipios malagueños de Periana e Alcaucín.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros poboadores do Campo de Zafarraya, remóntanse o Paleolítico Medio, cando o home habitaba as covas do Boquete, aínda que o primeiro asentamento do que se ten constancia data da época dos visigodos no século VI a través dos sitios atopados no actual núcleo urbano de Ventas de Zafarraya.

Historicamente esta chaira foi coñecida como a Dehesa de Zafarraya que, ata a Reconquista cristiá foi administrado pola poboación de Zalia. Unha vez que esta poboación foi ocupada polos cristiáns e non repoboada, os municipios de Alhama de Granada e Vélez-Málaga disputáronse durante séculos as terras do Llano pola súa riqueza gandeira adicada exclusivamente ao pastoreo.

O núcleo de Ventas de Zafarraya comeza como unha venda no Boquete, xunto ao Camiño Real Granada-Málaga. Malagueño nas orixes, pasou a formar parte da provincia de Granada en 1833. En 1835, superando a poboación de cen veciños iniciase a segregación do núcleo de Calar del Rey, ao que pertencían. Ao nome acurtouse a palabra Llano para que non fora moi longo, xa que o nome completo era Ventas del Llano de Zafarraya (topónimo de orixe árabe "Manzil Fahs Rayya"), os outros núcleos de poboación nesa data eran El Almendral, Pilas de Algaida e Calar del Rey.

En 1842 constitúese o municipio de Ventas de Zafarraya.

O 25 de decembro de 1884 prodúcese un terremoto afectando gravemente ás provincias de Granada e Málaga. A catástrofe foi de tal magnitude que en Ventas de Zafarraya rexistrouse un total de 74 mortos. A reconstrución do pobo fíxose case na súa totalidade co diñeiro que chegou da entón colonia española de Cuba, motivo polo cal o pobo pasou a chamarse Nueva Habana.

En agosto de 1922 chega o ferrocarril a Ventas. A Compañía de Ferrocarriles Suburbanos de Málaga proxecta unir Málaga con Granada, pasando por Vélez e Alhama, facéndose realidade o proxecto só ata Ventas de Zafarraya. A finais dos anos 50, ca mellora das comunicacións por estrada, a liña perdeu rendibilidade, cesando totalmente os servizos ferroviarios o 12 de maio de 1960.

En 1975 o municipio de Ventas de Zafarraya fusionase co municipio de Alhama de Granada.

Actualmente, a villa experimenta un crecemento poboacional notable grazas a súa estratéxica localización entre o Poniente Granadino e a Axarquía Malagueña e á fertilidade das súa terras, con cultivos de hortalizas fóra de tempada.

En 2002 creouse a Entidad Local Autónoma de Ventas de Zafarraya, no municipio de Alhama de Granada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]