Vasylii Ihor Medvit
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de xullo de 1949 Przemyśl, Polonia |
| Morte | 12 de setembro de 2024 Varsovia, Polonia |
| Bispo auxiliar | |
| 17 de marzo de 2009 – 25 de outubro de 2013 | |
| Bispo auxiliar | |
| 30 de marzo de 1994 – 30 de setembro de 1996 Diocese: arquieparquía de Lviv | |
| Bispo titular | |
| 30 de marzo de 1994 – 12 de setembro de 2024 ← Angelo Prinetto (en) Diocese: Hadriane (en) | |
| Abade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1994–), sacerdote católico (1984–) |
| Consagración | Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Vasylii Ihor Medvit (en ucraíno: Василій Ігор Медвіт; en polaco: Wasyl Ihor Medwit), nado en Przemyśl (RP de Polonia) o 23 de xullo de 1949 e finado en Varsovia o 12 de setembro de 2024, foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo curial da arquieparquía maior de Kíiv-Galicia dende 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 2 de febreiro de 1980 profesou como membro da Orde de San Basilio Magno, facendo os votos solemnes o 1 de xaneiro de 1984. Foi ordenado sacerdote polo papa Xoán Paulo II o 31 de maio do mesmo ano. Até 1986 foi vicepresidente do Pontificio Colexio Ucraíno de San Xosafat de Roma, e posteriormente volveu a Polonia, exercendo o seu ministerio nas parroquias ucraínas de Banie Mazurskie e Kruklanki até 1989.
O 30 de marzo de 1994 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Hadriane. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv Myroslav Ivan Liubachivskyi o 12 de xullo. A finais de 1996 foi nomeado visitador apostólico para os fieis ucraínos de Kazakhstán e o Asia central.
O 20 de setembro de 1997 foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod, cargo que ocupou até o traslado da arquieparquía maior a Kíiv, pasando a ser bispo curial da mesma o 6 de decembro de 2004. Entre 2001 e 2004 foi tamén secretario do Sínodo dos Bispos da Igrexa católica ucraína.
O 17 de marzo de 2009 foi nomeado bispo auxiliar de Donetsk-Kharkhiv, até a súa renuncia o 25 de outubro de 2013.