Valongo, Cortegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valongo
Igrexa de San Martiño de Valongo.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°11′39″N 8°09′17″O / 42.1940994, -8.1546361Coordenadas: 42°11′39″N 8°09′17″O / 42.1940994, -8.1546361
Poboación275 hab. (2013)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Valongo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense comarca do Ribeiro. No ano 2013 tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Os petróglifos do Monte Picoñas proban a existencia neste val de comunidades humanas aló polo II Milenio a. C., pertencentes á Idade de bronce, forman parte do Grupo Galaico de Arte Rupestre, na Idade de Ferro o val estivo baixo a órbita do castro de Abelenda[Cómpre referencia], existe constancia documental da existencia de poboación de homes e mulleres libres a través dun documento de doazón de varios privados ao mosteiro de Celanova no século X (entre eles do lugar de Saa), razón pola cal o territorio caeu baixo a órbita do mosteiro de Celanova, o maior terratenente ourensán, que tivo enfrontamentos e preitos co mosteiro feminino de Ramirás polas lindes no lugar da Decolada, que se saldou coa vitoria do de Celanova ao pasar o mosteiro de Ramirás a baixo control celanovés.

A principios do XIX Valongo foi concello de seu, e tivo a primeira escola do concello, sendo este concello finalmente adscrito ao de Cortegada. Durante o XIX pasaron varias veces, desde e cara a fronteira con Portugal diferentes partidas carlistas.

Actualmente o seu nivel de poboación é baixo, a pesar de ser un lugar con industria madeireira (xa pechada).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No monte Picoñas existen restos arqueolóxicos con varios petróglifos (coviñas, círculos concéntricos, labirintos e pías rupestres).

Xa da época moderna hai varias construcións:

  • Igrexa de San Martiño de Valongo: templo barroco, reconstruído a mediados do século XVIII grazas ao donativo do frade agostiño Diego Martín de Vergara, natural da parroquia e que chegou a ser o arcebispo en Bogotá e se fixo unha capela propia que loce o escudo heráldico persoal no flanco esquerdo. O seu arquitecto foi un discípulo do arquitecto do templo de San Benito do Rabiño (no mesmo concello de Cortegada) onde volveu aplicar os seus coñecementos na igrexa de San Lourenzo de Fustáns (concello de Gomesende). Destaca a súa fachada ornamentada con molduras, unha gárgola e unha escultura en vulto redondo do santo vestido á moda do XVIII, tamén conta cun escudo arcebispal no seu lateral; o campanario é unha torre de dous corpos e balaustrada pechada cun cupulín.
  • Capela das Neves: capela barroca rectangular dunha soa nave e fachada con porta de molduras e dous ventanais aos lados.
  • Ponte de Pontetrado: cruza o río Deva no lugar de Pontetrado, ponte da época Moderna (Século XV-XVII) dun só arco, aínda que a tradición popular ao igual que noutros sitios a tacha de ponte romana.
  • Escola de Valongo: só quedan ruínas dela. É a escola máis antiga do concello e arredores, de titularidade pública. Existe constancia documental de que o concello a arranxou en 1855, tendo nela estudantes ata a construción da escola unitaria nos 60, logo foi abandonada e caeu na ruína.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Valongo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Valongo no concello de Cortegada (Ourense)

Abelenda | O Casal | Casaldálvaro | A Decolada | Leirado | Outeiral | Pazo | Peralba | O Pereiro | A Ponte Trado | Sa | Vilanova da Barca

Parroquias de Cortegada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]