Uxía do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Uxía de York")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uxía de York
Princesa do Reino Unido e Princesa de York
Princess Eugenie, 2017.jpg
A princesa no Nadal de 2017.

Nome completoEugenie Victoria Helena Mountbatten-Windsor
Nacemento23 de marzo de 1990
Londres, Inglaterra Inglaterra
Cónxuxe/sJack Brooksbank
Casa realCasa de Windsor
ProxenitoresAndré, duque de York
Sarah Ferguson

Escudo de Uxía do Reino Unido

A princesa Uxía do Reino Unido (Eugenie Victoria Helena, nada en Londres, Reino Unido, o 23 de marzo de 1990 é un membro da Familia Real Británica é a cuarta neta da raíña Isabel II do Reino Unido. Ata o seu matrimonio o 12 de outubro de 2018 o seu tratamento era: princesa Uxía de York aínda que tivo que renunciar ao seu título territorial. A princesa Uxía é a novena na liña de sucesión ao trono británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A princesa Uxía naceu no Hospital de Portland en Londres o 23 de marzo de 1990. O seu nome é en honor á raíña Vitoria Uxía de España, unha neta da raíña Vitoria. Ten unha irmá maior, a princesa Beatriz de York, dous anos máis vella.

Foi bautizada o 23 de decembro de 1990, sendo a primeira bebé real en ter un bautizo público.

Como neta da monarca británica na liña paterna, Uxía naceu como princesa do Reino Unido con tratamento de Alteza Real.

En 2002, tivo que someterse a unha operación da columna vertebral para corrixir unha escoliose que resultou exitosa.

Os seus pais separáronse en 1992 e divorciáronse en 1996. Ela non leva a cabo moitas funcións reais pero fai aparicións coa Familia Real en acontecementos importantes.

Asistiu a diversos colexios, entre eles o Marlborough College e graduouse na Universidade de Newcastle na carreira de Historia da arte.

Tras graduarse estivo un período de prácticas na prestixiosa casa de poxas Christie's e traballou para a firma Paddle8 en Nova York.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Compromiso[editar | editar a fonte]

O 22 de xaneiro de 2018 foi anunciado o compromiso da princesa co banqueiro Jack Brooksbank tras sete anos de relación. En abril de 2018 e como anticipación á voda a parella mudouse ao palacio de Kensington.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

A voda tivo lugar o 12 de outubro de 2018 na Capela de San Xurxo. Despois da voda conserva o título de princesa aínda que tivo que renunciar ao seu título territorial, "de York" pasando a ser "A Súa Alteza Real a princesa Uxía, Sra. Brooksbank".