Usuario:SerVaGe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este usuario corresponde ao grupo de investigación conformado por Sergio Couso Núñez, Ge Szymborska e Vanessa García García. O obxectivo deste será desenvolver traballos concernentes á lingua e literatura galega, por moi ínfimos que poidan parecer nun primeiro momento. Todo aspecto da cultura, por pouco importante que pareza, pode ser de grande utilidade no futuro. Actualmente estamos a traballar nun artigo relativo ao Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra por mor dun traballo universitario. Calquera comentario ou suxestión con respecto do noso labor ou dalgunha temática posíbel será ben recibida. Esperamos que poidamos ser de axuda á comunidade!

Premio Valle-Inclán da Deputación de Pontevedra 🏆[editar | editar a fonte]

O premio Valle-Inclán foi un certame de investigación constituído no ano 2004 polo Padroado da Fundación Valle-Inclán e convocado pola Deputación de Pontevedra xunto ao Concello de Vilanova de Arousa até o ano 2011.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

Este premio formaría parte dun conxunto de Premios de Investigación potenciados por parte do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra cuxa principal finalidade é fomentar a cultura e brindar unha oportunidade a artistas e investigadores de achegaren cos seus traballos novas tendencias en cadanseu campo[1]. Deste xeito, o obxectivo do Premio Valle-Inclán era galardoar aqueles estudos rigorosos e de prestixio académico que tratasen, desde un punto de vista científico-divulgativo, calquera aspecto relacionado coa vida e obra do seu persoeiro máis ilustre.[2] Así mesmo, estes debían ser orixinais, inéditos e estar escritos en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galiza.

Historia[editar | editar a fonte]

O Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 28 de abril do ano 2004, aceptou a convocatoria do Premio Valle-Inclán.[3] O orzamento, aínda que repartido de maneira dispar dependendo do ano e do número de premiados ou accésits, sempre foi de 24.000,00 €. Por outra banda, o concurso levaríase a cabo anualmente até 2011, coa excepción do ano 2010. Sería tamén en 2011 cando se engadiría nas bases que, a partir de entón, a convocatoria pasaría a ter un carácter bianual, alternando entre as modalidades de ensaio e teatro, xénero que até ese momento non fora considerado para ser galardoado.[4] Ese mesmo ano o premio estaría dedicado aos espectáculos dramáticos e teatrais baseados nas obras do escritor que foran representados durante o ano anterior. Porén, o Premio Valle-Inclán non se volvería realizar.

2004[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

Joaquín Núñez Sabarís foi o gañador cunha dotación de 15.000,00 € polo traballo Valle-Inclán en el fin de siglo. Estudio crítico de femeninas. O traballo examina a primeira obra de Valle-Inclán dentro do seu contexto histórico-literario, estuda as diferentes variantes que tivo o texto orixinal e analiza as técnicas narrativas empregadas polo vilanovés na súa primeira etapa.[5]

Accésit[editar | editar a fonte]

Concedéronse dous accésits por importe de 4.500,00 euros cada un a:

2005[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

Euloxio Rodríguez Ruibal foi o gañador cunha dotación de 16.000,00 € polo traballo Valle-Inclán e o teatro galego. Neste estudo, o autor analiza a influencia que exerceu a estética de Valle-Inclán nos textos dramáticos dos principais autores galegos e o grao de importancia que esta tivo na conformación e desenvolvemento dunha dramaturxia nacional galega.[6]

Accésit[editar | editar a fonte]

O accésit foi entregado por importe de 8.000,00 € ao traballo Valle-Inclán caricaturista moderno. Nueva lectura de Luces de Bohemia, de Jesús Rubio Jiménez.

2006[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

O premio foi outurgado ex aequo cunha dotación de 12.000,00 € aos estudos:

  • Valle-Inclán ¿un sistema literario?, de Eliane Lavaud-Fage. Neste traballo, a investigadora francesa procura, a través da análise da obra completa de Valle-Inclán, as constantes que persisten na estética do autor vilanovés co fin de responder se estas configuran un sistema literario propio.[7]
  • La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: una aproximación a la dramaturgia de Valle-Inclán desde la estética del silencio, de Anxo Abuín González.

2007[editar | editar a fonte]

O xurado resolveu deixar deserto o premio este ano ao consideraren os seus membros que as obras presentadas (tres traballos procedentes de universidades de Estados Unidos, Italia e Madrid) non aportaban novidades de entidade aos estudos xa publicados e coñecidos sobre Valle-Inclán.

2008[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

Cunha dotación de 18.000,00 €, o traballo gañador foi Todo Valle-Inclán en Roma, presentado polo Grupo de Investigación Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (integrado por: Margarita Santos Zas, Sandra Domínguez Carreiro, Rosario Mascato Rey, Catalina Míguez Vilas, Carmen Elena Vílchez Ruiz, Cristina Villarmea Álvarez e Francisca Martínez Rodríguez, e coa colaboración de Ángeles Gómez Abalo). O traballo recompila toda a documentación escrita relativa a Valle-Inclán mentres este presidiu a Academia Española de Belas Artes de Roma entre os anos 1933 e 1936.[8]

Accésit[editar | editar a fonte]

O xurado acordou conceder:

  • Un accésit por importe de 4.000,00 € ao traballo titulado La revolución espectacular. El teatro de Valle-Inclán en la escena mundial, de José María Paz Gago.
  • Un accésit por importe de 2.000,00 € ao traballo titulado La Galicia arcádica de Aromas de Leyenda. Huellas de la pastoral clásica en el primer poemario de Valle-Inclán, de Soledad Pérez-Abadín Barro.

2009[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

O premio foi outorgado ex aequo cunha dotación de 10.000,00 € aos estudos:

  • Ramón del Valle-Inclán: Luces de Bohemia, una revolución dramática con una carta autógrafa inédita de C. Rivas Cherif, de Jean Marie Lavaud. O traballo está composto por unha serie de reflexións persoais sobre o teatro valleinclaniano e un rigoroso estudo da obra en que analiza as súas distintas facetas e proporciona unha lectura do esperpento desde a perspectiva do expresionismo e do teatro posdramático.[9]
  • Josefina Blanco y Ramón del Valle-Inclán: Pedestal de los sueños, presentado por Antonio Deaño Gamallo e Jesús Rubio Jiménez. Este estudo recupera unha colección de cartas entre o escritor e a súa muller, a actriz Josefina Blanco, o cal non só ofrece un seguimento documentado desde o namoro até o divorcio, senón que, asemade, serve como proba das condicións de precariedade da vida artística en España durante as primeiras décadas do século XX.[10]

Accésit[editar | editar a fonte]

O accésit foi concedido por importe de 4.000,00 € a Jesús Mª Monge López polo traballo titulado Valle-Inclán, Catedrático de Estética (1916-1919).

2011[editar | editar a fonte]

Premio[editar | editar a fonte]

O premio foi outorgado ex aequo cunha dotación de 8.000 € ás seguintes compañías teatrais:

Xurado[editar | editar a fonte]

Segundo as bases do premio,[11] o xurado debe estar composto pola persoa que ocupe a Presidencia da Deputación e pola titular da Corporación (ou en quen deleguen), así como por unha que represente cada un dos seguintes organismos: Consellaría de Cultura, Consellaría da Cultura Galega e Fundación Valle-Inclán. Do mesmo xeito, o xurado tamén ten de estar conformado por unha serie de vogais, a saber, a persoa que exerza a alcaldía do Concello de Vilanova de Arousa, aquela que presida a Comisión de Cultura da Deputación, tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio nas artes dramáticas e outra que represente o Servizo de Cultura. As decisións tomadas son inapelábeis, no entanto, os integrantes poden solicitar asesoramento de especialistas na materia.

Premios relacionados[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. "depontevedra.es - Cultura". arquivos.depo.es. Consultado o 2019-03-11. 
  2. "Valle-Inclán". www.depo.gal (en castelán). Consultado o 2019-03-11. 
  3. "depontevedra.es - Cultura". arquivos.depo.gal. Consultado o 2019-04-08. 
  4. "depontevedra.es - Cultura". arquivos.depo.gal. Consultado o 2019-04-08. 
  5. Núñez Sabarís, Joaquín (2002). "Femeninas" de Valle-Inclán. Estudio y edición crítica. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-164-0. 
  6. Rodríguez Ruibal, Euloxio (2006). Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973). TrisTam. ISBN 84-89377-62-6. 
  7. Lavaud-Fage, Eliane (2008). Valle-Inclán ¿un sistema literario?. Deputación de Pontevedra. ISBN 9788484573029. 
  8. Santos Zas, Margarita; Martínez, Francisca; Vilchez Ruíz, Carmen; Míguez Vilas, Catalina; Villarmea, Cristina; Domínguez Carreiro, Sandra; Mascato Rey, Rosario (2010). Todo Valle-Inclán en Roma. Universidade de Santiago de Compostela; Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-9887-381-8. 
  9. Lavaud, Jean-Marie (2013). Ramón del Valle-Inclán, "Luces de bohemia": una revolución dramática. Orbis Tertius. ISBN 978-2-36783-005-6. 
  10. Rubio Jiménez, Jesús; Deaño Gamallo, Antonio (2011). Ramón del Valle-Inclán y Josefina Blanco: el pedestal de los sueños. Prensas Universitarias de Zaragoza. ISBN 9788415274285. 
  11. "depontevedra.es - Cultura". arquivos.depo.gal. Consultado o 2019-04-08. 
  12. "«BOE» núm. 27, de 31 de enero de 1974" (PDF). Consultado o 08/04/2019.