Saltar ao contido

Divinas palabras (obra de teatro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Divinas palabras (teatro)»)

Divinas palabras
Título orixinalDivinas palabras
Autor/aRamón María del Valle-Inclán
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Xénero(s)Teatro
Data de pub.1920
Seguido porCara de plata
Na rede
BNE: XX2958776
editar datos en Wikidata ]

Divinas palabras é unha obra teatral de Ramón María del Valle-Inclán, escrita en lingua castelá. Apareceu publicada por entregas na revista madrileña La Pluma entre xuño e xullo de 1919, e apareceu completa en 1920 como volume XVII da súa Opera Omnia. Xunto con Comedia bárbaras forma o ciclo mítico da obra dramática do autor, aínda que contén trazos de esperpento, considerándose precedente de Luces de bohemia (publicada tamén en 1920).

Argumento

[editar | editar a fonte]

A acción xira arredor da familia do sancristán rural Pedro Gailo. Está casado con Mari-Gaila, coa que ten unha filla, Simoniña. A irmá de Pedro Gailo, Juana la Reina, ten un fillo con hidrocefalia (Laureaniño), e gaña a vida pedindo esmola polas feiras. Trala morte de Juana, a súa cuñada Mari-Gaila e a súa outra irmá, Marica del Reino, fan quendas para quedar co rapaz e ir pedir esmola con el.

Unha noite que Mari-Gaila está co seu amante, Séptimo Miau, un grupo de xente emborracha a Laureaniño ata a súa morte.

Narración

[editar | editar a fonte]

Tempo e espazo

[editar | editar a fonte]

O tempo histórico da acción ten lugar en verán, a comezos do século XX. Menciónase a Carolina Otero (nada en 1868), a Terceira República Francesa e ao cáiser Guillerme.

Respecto ao tempo narrativo, a primeira xornada abarca un día enteiro, desde a mañá (escenas 1 a 3), tarde (4) e noite (5). A xornada segunda ten lugar varias semanas despois, en agosto, e abarca desde a alba (escena 1), mediodía (2), sesta (3), solpor (4), noite (escenas 5 a 9) e a mañá do día seguinte (10). A terceira xornada cobre o día seguinte á segunda, comezando cediño de mañá (escena 1), algunhas horas despois (2 e 3), a tardiña (4) e o solpor (5).

A acción está ambientada na Galiza rural, preto da costa da ría de Arousa (menciónanse os topónimos Gondar, Bretal, Padrón, Valga...). Amais do adro da igrexa de San Clemente, onde viven os Gailo, a acción ten lugar nos camiños e vereas, no lugar de Condes e en Viana del Prior. A única escena interior é ao inicio, na casa dos Gailo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

En total aparecen 18 personaxes.

  • Juana la Reina, e mailo seu fillo Laureaniño el Idiota.
  • Pedro Gailo (irmán de Juana, sancristán), Mari-Gaila (a súa muller) e Simoniña (filla dos dous).
  • Lucero (Séptimo Miau) e Poca Pena (a súa manceba).
  • Rosa la Tatula (vella mendiga).

Aínda que escrita en castelán, a obra inclúe numerosos galeguismos (cativo, cocho, escuro, foliada...) e vulgarismos (miray, cualisquiera, adeprender...). Valle-Inclán inclúe nesta obra algún neoloxismo (flácil)

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Foi representada por vez primeira o 16 de novembro de 1933 no Teatro Español de Madrid, pola compañía da actriz Margarita Xirgu e Enrique Borrás, con arranxos de Cipriano Rivas Cherif e decorados deseñados por Castelao. Posteriormente foi traducida a diversos idiomas e representada noutros países. Na primeira función en Buenos Aires a obra tivo como protagonista a María Casares.

En 1987 foi levada ao cine co título de Divinas palabras, dirixida por José Luis García Sánchez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]