Usuario:Max.souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frances Arnold[editar | editar a fonte]

Frances Hamilton Arnold (Edgewood, Pennsylvania, EEUU, 25 de xullo de 1956) é unha científica e química estadounidense galardoada en 2018 co Premio Nobel de Química, xunto a George P. Smith e Gregory Winter. É pioneira na investigación de métodos de evolución dirixida para crear sistemas biolóxicos útiles, incluíndo enzimas, rutas metabólicas, circuítos de regulación xenética e organismos e cuxo desenvolvemento lle outorgou o Premio de Tecnoloxía do Milenio en 2016, sendo a primeira muller en obter este galardón. Actualmente exerce de profesora de Linus Pauling de enxeñaría química, bioquímica e bioenxeñaría no Instituto de Tecnoloxía de California.

Infotaula de personaFrances Hamilton Arnold
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1956
Edgewood, Pittsburgh, Pennsylvania, EEUU
Actividade
OcupaciónInvestigadora, enxeñeira, profesora de universidade e inventora.
Familia
CónxuxeJames E. Bailey Andrew E. Lange
FillosWilliam Joseph


Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Filla de Josephine Inman e do fisico nuclear William Howard Arnold, ademáis de neta do Lugartenente Xeneral William Howard Arnold. Medrou en Edgewood, pertencente aos arredores de Pittsburgh e nas rúas Shadyside e Squirrel Hill desta capital. Obtivo o graduado de secundaria da cidade Taylor Allderdice High School en 1974. De universitaria, chegou a Washington DC facendo autostop para protestar contra a Guerra de Vietnam, e viviu traballando como camareira nun local de jazz e de taxista.

Graduouse en 1979 cun grao de Bachelor of Science en enxeñaría mecánica al pola universidade de Princeton, onde se centrou na obtención de enerxía solar. Tras o segundo ano, viaxou a Italia a traballar nunha fábrica de pezas de reactores nucleares.

Tras graduarse, traballou como enxeñeira química en Corea do Sur, Brasil e no Instituto de Investigación da Enerxía Solar de Colorado (Colorado's Solar Energy Research Institute). Nesta última ubicación, traballou no deseño de facilitación da enerxía solar para lugares remotos, e axudou a escribir informes de situación para as Nación Unidas. En 1985 doutorouse en enxeñaría química pola Universidade de California en Berkeley, cunha tese sobre as técnicas de afinidade cromatográfica, e comezou a interesarse pola aplicación da bioquímica nos procesos.

Carreira[editar | editar a fonte]

Tras unirse ao Instituto Tecnolóxico da California en 1986, exerceu de profesora asistente, en 1992 de profesora adxunta e en 1996 como profesora plena, nomeada como Profesora de Enxeñaría Química, Bioenxeñaría e Bioquímica do Dick e Barbara Dickinson (Dick and Barbara Dickinson Professor of Chemical Engineering, Bioengineering and Biochemistry) no ano 2000, e nomeada en 2013 como Profesora de Enxeñaría Química, Bioenxeñaría e Bioquímica de Linus Pauling, cargo que actualmente sustenta.

É co-inventora de case 40 patentes en EEUU e co-fundadora de Gevo, Inc (unha compañía que fabrica fuel e produtos químicos a partir de recursos renovables).

Investigación[editar | editar a fonte]

O seu proxecto máis relevante reside en ser a pioneira en usar a evolución dirixida para crear enzimas (maioritariamente proteínas) con funcións novas e/ou melloradas. Consiste na proxección de xenes proteicos mutados sobre outros enzimas, permitindo así a creación de sistemas biolóxicos sostibles, incluíndo enzimas, patróns metabólicos, circuítos de regulación xenética e organismos. Sabendo que pola selección natural, a evolución vai ligada ás proteínas, Arnold aumenta a velocidade do proceso das mesmas mediante a mutación.

Esta investigación continúa desenvolvéndose nun laboratorio de Caltech, liderado por Arnold, centrándose na conversión de biomasa renovable en fuel e produtos químicos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Frances Arnold reside en La Cañada Flintridge, California. Casou co enxeñeiro bioquímico James E.Bailey e tiveron un fillo, James. En 2001 Bailey morreu de cancro e anos máis tarde Frances volveu a casar co astrofísico de Caltech Andrew E.Lange co que tivo dous fillos, William e Joseph. En 2010 Andrew suicidouse e 6 anos máis tarde o seu fillo William morreu nun accidente. En 2005 Frances foi diagnosticada con cancro de mama e estivo baixo tratamento 18 meses.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Frances Arnold foi galardoada co Premio Nobel de Química en 2018 polo seu traballo na evolución dirixida. É a quinta muller en acadar o Nobel desta disciplina nas 117 edicións deste premio.

Destacan tamén galardóns como o Premio Draper da Academia Nacional de Enxeñaría, a Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación en 2011 e o Premio de Tecnoloxía do Milenio en 2016. Ademáis, foi escollida polas tres academias nacionais de EEUU (Academia Nacional de Ciencias, a Academia Nacional de Enxeñaría e o Instituto de Medicina) e recibiu múltiples doutorados honorarios, provintes de Chicago, Zúrich ou Estocolmo, entre outros.

Webgrafía[editar | editar a fonte]

https://gl.wikipedia.org/wiki/Frances_Arnold

https://es.wikipedia.org/wiki/Frances_Arnold

https://en.wikipedia.org/wiki/Frances_Arnold

https://fr.wikipedia.org/wiki/Frances_Arnold

http://www.wikiwand.com/en/Frances_Arnold

www.cce.caltech.edu/people/frances-h-arnold

https://mujeresconciencia.com/