Saltar ao contido

Conversa usuario:Kekoroto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Kekoroto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

É un especial orgullo (polo menos para min) que a xente nova se interese pola wikipedia en xeral e en particular pola galega. Agardo que te sintas cómodo connosco. Un afectuoso saúdo. AlberteSi, digame? 16:12, 1 outubro 2007 (UTC)


Benvido, boa estadía e bo traballo. Xa sospeitaba eu que o teu pai recibía axuda, polo bo traballo que fai ;) Lansbricae (Ti dirás) 17:57, 1 outubro 2007 (UTC)

Coloquei o marcador {{enuso}} en Diplomacia para que ninguén cha toque. Cando remates, simplemente retiralo. --Xosé (✉) 12:55, 18 outubro 2007 (UTC)

Grazas a ti por adicar unha parte do teu tempo a encher a Galipedia de contidos como Diplomacia ou as Convencións de Viena, non sabes o bonito que é ver traballos tan valiosos como os teus. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:59, 10 febreiro 2008 (UTC)

boas, Felipe!

comentámoslle ó teu pai que ben che puido traer, pero o certo é que, como moi ben comentou, acabamos a unhas horas ben indecorosas nun estado francamente lamentable.

Agardo que en futuras citas nos poidamos coñecer. Ánimo, e a seguir cooperando (e aprendendo, que a galipedia aporta moito) pero sen deixar os estudios de lado (Meu deus, parezo un adulto falando...)

Unha aperta! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:05, 10 febreiro 2008 (UTC)

boas! Calquera aportación é benvida; Co tempo vaise mudando de inquedanzas, e é estupendo que se agora che mola iso, aportes diso. de feito estaría ben, porque eu non teño moita idea e adoito botarlle un ollo ós artigos novos.

Normalmente cando creo ou traduzo artigos non me fixo en se se verán ou non. Como a min me mola un asunto, supoño que haberá a quen lle mole. Non sei se a xente lle atraerá máis as wikis noutros idiomas, pero está ben facelo na gali. Ademais de que se aprende moito léxico e sintaxe, apréndese moita cultura xeral colaborando.

O dito; ben sexa con cousas máis serias, como o asunto da Diplomacia, que estaba moi ben pero cansa máis a mente, ou con cousas menos serias como o manga, ou cine, ou literatura, ou o que sexa, anímote a seguir colaborando, pero como xa dixen, sen deixar de lado os estudios! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:07, 12 febreiro 2008 (UTC)

Finspoiler

[editar a fonte]

Ola, que saibas que trouxen un novo modelo: {{Finspoiler}} para o remate da sección onde contas a trama. Queda moi ben. Saúdos e bo traballo. Alma (fálame eiquí) 17:24, 14 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Kekoroto, o que usaches no artigo que me ensinas é o modelo Spoiler: ese é o que aviso de que a partir de ahí se revelan datos da trama ou do argumento. O que eu creei foi o modelo Finspoiler, que o podes por xusto onde remates de contar datos do argumento. Mira por exemplo neste artigo O lapis do carpinteiro. Sorte co teu megaproxecto Naruto e desfruta que ao fin e ao cabo e do que se trata. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:30, 16 febreiro 2008 (UTC)

estaba revisando os artigos con problemas e atopei con este. Non sei se o coñeces, pero pensei en ti, e se cadra es quen de botarlle un ollo e arranxalo. Ánimo; se necesitas axuda, avisa, a ver se che podo botar un cable. Está ben que haxa un especialista no asunto dos animes. Hai un tempo non sabería con quen contar para solucionar isto...

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 03:59, 20 febreiro 2008 (UTC)

  • Mírocho a partires de mañá pola tarde, estamos a falar de facer unha captura de pantalla e hai que miralo ben e preciso tempo, e mañá teño un exame moi importante, así que se non te importa entre mañá pola tarde e o domingo douche unha resposta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 12:45, 14 marzo 2008 (UTC)
    • Ola Kekoroto ! E moito prazer ver que xoves andan contribuindo e preocuanse de fager ben. Tes que esperar a contesta de Alma porque sin dubida sabe moito mas de direitos ca min po das imaxes. Podoche decir por experiencia persoal en commons : cando se fai unha captura de pantalla pois eso por o feito non che da a posibilidade de determinar unha licencia de direitos, cal que sexa. Cando me pasou o caso non fun mais adiante pa saber como determinar quen ten os dereitos e por consecuencia determinar a licenza de subida da imaxe. Eso so Alma pode decircho, digo Alma porque preguntaches a ela con razon, poste que traballou neso bastante. Boo traballo Kekoroto ! Saudos ElviraConversa con mi 13:23, 15 marzo 2008 (UTC)
      • Ola, o prometido é débeda, aínda que sexa para darte malas novas, non é posible facer a captura de pantalla dun capítulo de Naruto porque nas dúas canles nas que os emiten teñen todos os dereitos reservados, e ese, segundo a política de uso de imaxes Wikipedia:Política de uso de imaxes#Capturas de pantalla é un dos impedimentos para poder facelo. Ocórreseme por exemplo, que podes facer unha imaxe ao estilo da que está neste artigo: Harry Potter e as reliquias da morte, facéndoo dese xeito, non vulnerarías os dereitos de autor do creador da serie, o que xa non se me ocorre é onde nin como conseguila, iso xa o deixo nas túas mans. Saúdos e sorte. Alma (fálame eiquí) 18:31, 15 marzo 2008 (UTC)
  • Non podes facer tampouco o que me dis en virtude disto:
Personaxes de cómic e bonecos animados: Nin fotografías, debuxos, pinturas ou calquera outro tipo de copias/obras derivadas están permitidos (a non ser que o orixinal estea no dominio público). Tampouco fotografías de obxectos que traballos derivados dos orixinais, como bonecas, xoguetes, camisetas, bolsas impresas, cinceiros, etc

Telo recollido en commons:Obras derivadas [1] e ao non estar o orixinal no dominio público non está permitido. Síntoo, pero esta alternativa tampouco vale. Non te desanimes. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:43, 15 marzo 2008 (UTC)

Galipedia

[editar a fonte]

Ola Kekoroto. Grazas pola túa mensaxe, iso espero non que non nos libremos de vós :-) Mesmo confío, como dicía na páxina de Furado, que algún día usuarios novos coma ti sexades os substitutos na primeira liña da Galipedia daqueles que estamos aquí de vello. Se necesitas axuda xa sabes onde estou e moitas grazas por adicar o teu tempo a este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:29, 2 xullo 2008 (UTC)