Urko Aiartza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUrko Aiartza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAmaiur (coalición)
Sortu
Euskal Herritarrok Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJoxerra Aihartza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Inguma: urko-aiartza-azurtza

Urko Aiartza Azurtza nado en Donostia o 31 de marzo de 1970, é un avogado e político vasco de ideoloxía independentista vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado donostiarra, exerce como tal na súa cidade natal. Como político considéraselle afín á esquerda abertzale. Formou parte da candidatura da coalición Euskal Herritarrok ao concello de Donostia nas eleccións municipais de 1999. En 2003 formou parte da comisión de garantías nas eleccións municipais e forais para levar a cabo o reconto do voto nulo.

O seu dominio do inglés fixo que actuase por esa época con frecuencia como ligazón entre a formación abertzale Batasuna e o Sinn Fein irlandés. Froito deses contactos iniciou, xunto con Joseba Álvarez e Pernando Barrena, unha serie de viaxes a Suráfrica en 2004 e 2006 para establecer contactos con membros do Congreso Nacional Africano e mediadores surafricanos expertos en negociacións e conflitos internacionais.[1]

Tamén exerceu como avogado defensor de Batasuna nas causas de ilegalización que se levaron a cabo contra este partido político.[2]

Ademais das súas viaxes a Suráfrica para buscar o apoio do Congreso Nacional Africano ao proceso de paz con ETA do Goberno socialista de Rodríguez Zapatero, tamén realizou intervencións nas Nacións Unidas presentando denuncias ao Relator Especial sobre a Tortura en Xenebra, intervencións no Comité de Dereitos Culturais da ONU para denunciar a criminalización do éuscaro ou a presentación da proposta Orain Herria.[3]

Está considerado como unha das persoas que buscou contactos con mediadores internacionais como Brian Currin para lograr o cesamento definitivo da actividade armada de ETA.[4] Ese labor culminaría na Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián que se celebrou o 17 de outubro de 2011, que precedeu en tres días ao anuncio do cesamento definitivo da actividade armada de ETA.

Aiartza presentouse como independente dentro da candidatura da coalición abertzale Amaiur ao Senado por Guipúscoa nas eleccións xerais de 2011, sendo elixido para o cargo de senador.

Foi candidato á dirección de Sortu no seu congreso fundacional de febreiro de 2013.[5] O 14 de novembro de 2013 acudiu como representante de Sortu ao acto de homenaxe do Congreso Nacional Africano ao seu líder falecido Nelson Mandela na base militar de Waterkloof. Nun momento da cerimonia formou parte da "garda de honra" ante o féretro do expresidente en compañía do líder do Sinn Féin Gerry Adams e representantes do FRELIMO, MPLA, SWAPO, Fronte Polisario e OLP. Despois da homenaxe en Waterkloof, Aiartza tamén foi convidado e acudiu ao funeral de estado celebrado en Qunu, localidade natal de Mandela.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]