Amaiur (coalición)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acto de presentación da coalición.

Amaiur [1] é unha coalición política española conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e diversos independentes de esquerda abertzale, para concorrer ás eleccións xerais de 2011.[2] Ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación.[3][4]

A coalición colleu o nome da vila de Amaiur, onde tivo lugar unha das últimas batallas da conquista do reino de Navarra pola Coroa de Castela.

Historia[editar | editar a fonte]

En abril de 2011 formárase a coalición electoral Bildu, integrada polos partidos Eusko Alkartasuna e Alternatiba, as agrupacións Araba Bai e Herritarron Garaia, a canda diversos independentes da esquerda abertzale. Superados os trámites da súa legalización, nas eleccións municipais 2011 en España converteuse a coalición na segunda forza en política en Euscadi (por detrás do PNV) e na cuarta de Navarra. Meses despois, a esta coalición sumóuselle o partido de esquerda independentista Aralar, que ata daquela se presentara en solitario en Euscadi e en Navarra como parte integrante da coalición Nafarroa Bai. O obxectivo desta coalición era presentarse ás xerais de novembro dese ano[5].

A coalición presentouse publicamente o 27 de setembro de 2011 nun acto no que interviron, en nome da coalición, os abertzales independentes Rufi Etxeberria e Txelui Moreno, o secretario xeral de EA Pello Urizar, a representante de Aralar Rebeka Ubera e o coordinador de Alternatiba Oskar Matute[6]. En novembro de 2011 escolleron os seus primeiros candidatos electorais, que foron todos eles persoas independentes pero vencelladas á esquerda abertzale, mentres que os representantes de Aralar, EA e Alternatiba figuraron en segundos postos ou nas listas ao Senado: Maite Aristegi por Guipúscoa, Sabino Cuadra por Navarra, Iñaki Antigüedad por Biscaia e Iker Urbina por Áraba[7].

Notas[editar | editar a fonte]