Urbicaria (eparquía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Urbicaria era un antigo territorio bizantino en Italia, hoxe comprendido entra o Lazio e a Toscana.

Institución[editar | editar a fonte]

Italia en 580, subdividida en eparquías, segundo Xurxo de Chipre. Mapa baseado na reconstrución de PM Conti. En marrón claro, a eparquía Emilia.

Sobre o 580, segundo a Descriptio orbis romani de Xurxo de Chipre, semella que Tiberio II dividiu en cinco provincias ou eparquías a Italia bizantina:

  • Annonaria, comprendendo as posesións que lle quedaban a Bizancio na Flaminia, os Alpes Apeninos, a parte oriental da Emilia, Venecia e Istria.
  • Calabria, comprendendo as posesións bizantinas na Lucania e na Apulia meridional.
  • Campania, comprendendo as posesións bizantinas na Campania, o Samnio e no norte de Apulia.
  • Emilia, comprendendo as posesións bizantinas na parte central da Emilia, aos que se engaden o extremo suroriental de Liguria (con Lodi Vecchio) e o extremo suroccidental de Venecia (Cremona e zonas limítrofes).
  • Urbicaria, comprendendo as posesións que lle quedaban aos bizantinos en Liguria, Alpes Cocios, Tuscia, Valeria, Piceno, e o extremo norte de Campania.

Tal reforma administrativa de Italia semella motivada, segundo Bavant, pola adaptación da administración de Italia ás necesidades militares do momento, visto que gran parte da Península estaba suxeita ás devastacións dos longobardos e que todos os intentos (incluída e expedición de Baduario) para desaloxalos fallaran; recoñecendo as conquistas efectuadas polos longobardos, foi introducido coa reforma o sistema dos tractus fronteirizos anticipando a reforma do Exarcado, que foi realizada algúns anos despois.[1] A nova eparquía foi, con todo, abolida sobre o 584 coa institución do exarcado

Límites[editar | editar a fonte]

Comprendía os territorios que lle quedaban aos bizantinos en Liguria, Alpes Cocios, Tuscia, Valeria, Piceno, e o extremo norte da Campania. Limitaba ao norte co Reino longobardo, ao leste co Ducado de Spoleto (ámbolos dous longobardos), ao sur coa «ἐπαρχία Καμπανίας eparchía Kampanías», provincia bizantina e finalmente, ao oeste co mar Tirreno e co Ducado de Tuscia.

Xurxo de Chipre cita numerosas cidades como pertencentes a esta eparquía:[2]

Historia[editar | editar a fonte]

La provincia de Urbicaria, n grego ἐπαρχία Οὐρβικαρίας eparquía Urbikarías, tivo unha breve vida, de feito algúns anos despois o emperador Mauricio I (582-602) substituíuna co distrito militar de Roma polo que atangue a parte lacial, mentres que a parte lígur se converteu na provincia coñecida como Marittima Italorum; ademais semella que os bizantinos mantiveron as costas do Abruzzo ata polo menos o século VII.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bavant, Bernard (1979). "Le duché byzantin de Rome. Origine, durée et extension géographique". Mélanges de l'Ecole française de Rome. Moyen-Age, Temps modernes (91-1): 49–50. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  2. Brittion-Aprutium? Una questione di storia teramina

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]