Tiberio II
Tiberio II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 520 |
Lugar de nacemento | Tracia |
Falecemento | 14 de agosto de 582 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | político |
Pai | valor descoñecido e Xustino II |
Cónxuxe | Ino Anastácia |
Fillos | valor descoñecido, Constantina e Charito |
Irmáns | Arábia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tiberio II Constantino foi emperador bizantino entre o 578 e o 582, elevado en decembro de 574 á categoría de César durante o reinado de Xustino II grazas á influencia da súa esposa Sofía. Ela exerceu o goberno durante os últimos anos del, que estiveron marcados pola inhabilitación mental do emperador, a guerra persa e a persecución monofisita.
O emperador foi moi popular. Reducíronse os impostos; detívose o acoso á herexía monofisita; os poderes do senado e o dos partidos Verdes e Azuis aumentaron. Formouse un corpo de elite no exército, formado por quince mil bárbaros que co tempo se converteu na chamada garda varega.
Demasiado liberal co tesouro, pois o utilizou para establecer alianzas cos francos e cos longobardos (579), aínda que non puido impedir que os ávaros penetrasen en Tracia e Tesalia (582). Morreu o 13 de agosto de 582 envelenado, segundo se rumoreou, tras comer un prato de amoras. Unha semana antes de morrer nomeou o seu sucesor, o emperador Mauricio.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xustino II |
Tiberio II | Precede a: Mauricio, emperador |
Dinastía Xustiniana |