Annonaria (eparquía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Annonaria era un antigo territorio bizantino na Italia nororiental, centrado en Rávena e que comprendía os territorios da Romaña, do Véneto, parte da actual Lombardía e as Marcas. Probabelmente o nome deriva da función de asegurar o aprovisionamento alimentario, ou anona, ás capitais de Milán e Rávena.

Co nome de Italia Annonaria coñecíase durante o tardo Imperio e despois no Imperio de Occidente, ata o tempo de Teodosio, a diocese que comprendía gran parte da Italia setentrional e que dependía da prefectura de Italia. A función annonaria foi recuperada posteriormente por Teodorico o Grande[1].

Institución[editar | editar a fonte]

A eparquía foi creada por Tiberio II (emperador de Oriente do 574 ao 582) sobre o ano 580, na reorganización dos territorios bizantinos de Italia, e que comprendía os territorios a oriente dos Montes Apeninos.

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia de Annonaria, chamada en grego ἐπαρχία Ἀννοναρίας eparkhía Annonarías, tivo unha breve vida: ao cabo dalgúns anos o emperador Mauricio I (582-602) disolveuna no Exarcado de Italia, con capital en Rávena.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]