Xurxo de Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xurxo de Chipre (Γεώργιος Κύπριος, latinizado como Georgius Cyprius) foi un xeógrafo bizantino de finais do século VII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O único que se sabe sobre a súa vida é que naceu en Lapithos na illa de Chipre.[1] É coñecido pola súa Descriptio orbis Romani ("Descrición do mundo romano"), escrita na década 600–610.[2] Está escrita en grego, e fai unha relación de cidades, vilas, fortalezas e divisións administrativas do Imperio Romano de Oriente. A lista empeza en Italia e móvese en sentido contrario ao reloxo polo Mediterráneo, desde África, Exipto e Oriente. A lista que chegou ata nós está evidentemente incompleta, pois os Balcáns están excluídos.[3] A Descriptio só sobreviviu nunha compilación, probabelmente do século IX, xunto con outras listas como as notitiae eclesiásticas. É posíbel que o compilador, que normalmente se considera que foi o armenio Basilio de Ialimbana, alterase o texto de Xurxo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kazhdan (1991), p. 837
  2. "Artigo: The Representation of Lower Egypt (por Herbert Donner)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2012.  Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  3. Kazhdan (1991), p. 838
  4. Kazhdan (1991), pp. 837–838

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georgii Cyprii Descriptio Orbis Romani (1890), editor Heinrich Gelzer.
  • Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, pp. 837–838, ISBN 978-0-19-504652-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]