Saltar ao contido

Unidade Militar de Urxencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unidade Militar de Urxencias
AcrónimoUME
Tipounidade militar, corpo de bombeiros e brigade (Spain)
Campo de traballoemergency response e Wildfires in Spain
Data de fundación7 de outubro de 2005
PremiosAlta Distinción da Generalitat Valenciana
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Escudo da UME

A Unidade Militar de Urxencias ou UME (en castelán: Unidad Militar de Emergencias) é un corpo integrante das Forzas Armadas de España creado por acordo do Consello de Ministros o 7 de outubro de 2005, presidido por José Luis Rodríguez Zapatero.[1]

Mediante o Real Decreto 416/2006, de 11 de abril, establécese a súa organización e despregamento e implántase como unha forza militar conxunta de carácter permanente dentro das Forzas Armadas, coa finalidade de intervir de forma rápida en calquera lugar do territorio nacional español en casos de catástrofe, grave risco ou outras necesidades públicas.

Ao ano seguinte, a Orde DEF/1766/2007, de 13 de xuño, desenvolve o encadramento, a organización e funcionamento da UME. Tamén establece que a UME depende organicamente do ministro de Defensa, operativamente do Xefe de Estado Maior da Defensa e funcionalmente dos órganos superiores e directivos que a súa normativa específica determina.

Posteriormente, o Real Decreto 1097/2011, de 22 de xullo, aproba o Protocolo de Intervención da Unidade Militar de Urxencias e establece que a intervención da UME poderá ser ordenada cando algunha das seguintes situacións de urxencia prodúzase con carácter grave, independentemente de que se trate dunha urxencia de interese nacional ou non:[2]

  • As que teñan a súa orixe en riscos naturais, entre elas inundacións, avenidas, terremotos, escorregóns de terreo, grandes nevadas e outros fenómenos meteorolóxicos adversos de gran magnitude.
  • Os incendios forestais.
  • As derivadas de riscos tecnolóxicos, e entre eles o risco químico, o nuclear, o radiolóxico e o biolóxico.
  • As que sexan consecuencia de atentados terroristas ou actos ilícitos e violentos, incluíndo aqueles contra infraestruturas críticas, instalacións perigosas ou con axentes nucleares, biolóxicos, radiolóxicos ou químicos.
  • A contaminación do medio ambiente.
  • Calquera outra que decida o presidente do Goberno en nome do Rei.

As actuacións da UME ante algunha destas situacións concrétanse na planificación, o adestramento e a intervención. Con todo a UME non realiza tarefas de prevención e os seus efectivos actuarán sempre encadrados na unidade á que pertencen e dirixidos polos seus cadros de mando.

Os militares que forman a UME dispón dunha preparación específica que radica principalmente nunha formación sanitaria de urxencia; tamén son instruídos para a actuación fronte a incendios forestais, inundacións, grandes nevadas, derrubes, riscos tecnolóxicos etc.

Organización

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2008, estaba previsto completar o 100% do persoal da UME: 3.987 militares, homes e mulleres, entre Oficiais, Suboficiais e Militares Profesionais de Tropa e Mariñeiría.

A Unidade Militar de Urxencias está composta por:

  • Mando e Cuartel Xeral (CX), onde se integran Oficiais de Enlace (OFEN) doutros organismos
  • Unidade do Cuartel Xeral (UCX)
  • Agrupación de Medios Aéreos (43 Grupo de Forzas Aéreas e Batallón de helicópteros)
  • Cinco Batallóns de Intervención en Urxencias (BIEM)
  • Dous destacamentos de Intervención en Urxencias Naturais
  • Rexemento de Apoio a Urxencias (RAEM)

Cada un dos cinco Batallóns de Intervención en Urxencias (BIEM) está composto por dúas compañías de intervención e unha de enxeñeiros; o Rexemento de Apoio a Urxencias (RAEM) está composto por catro compañías: apoio, mantemento, transportes e abastecementos.

Localización

[editar | editar a fonte]
Membro da Unidade Militar de Emerxencias.

A Unidade Militar de Urxencias está despregada en sete bases por toda a xeografía española, de forma que poida responder a calquera urxencia nun tempo breve e con toda a súa efectividade.

Base Aérea de Torrejón de Ardoz (Madrid):

  • Mando e Cuartel Xeral
  • Unidade do Cuartel Xeral (UCX)
  • Rexemento de Apoio a Urxencias (RAEM)
    • Grupo de apoio a urxencias (GAEM)
    • Grupo de intervención en urxencias tecnolóxicas e medioambientais (GIETMA)
  • Agrupación de Medios Aéreos
  • Batallón de intervención en urxencias (BIEM I)

Base Aérea de Morón de la Frontera (Sevilla):

Base de Bétera (Valencia):

  • Batallón de intervención en urxencias (BIEM III)

Base Aérea de Zaragoza:

  • Batallón de intervención en urxencias (BIEM IV)

Base de San Andrés del Rabanedo (León):

  • Batallón de intervención en urxencias (BIEM V)

A seguinte lista de medios terrestres e aéreos, son os que están previstos dentro do plan de creación e implantación da UME, polo tanto a súa dispoñibilidade é paulatina.

Agrupación medios terrestres:

  • Transporte de persoal e material: 372
  • Telecomunicacións: 39
  • Máquinas de Enxeñeiros: 53
  • Autobombas: 140
  • Embarcacións: 21

Agrupación medios aéreos:

  1. "BOE-A-2005-18933 Ley Orgánica 5/2005, de 17 de noviembre, de la Defensa Nacional.". www.boe.es. Consultado o 2024-11-01. 
  2. "LEGISLACIÓN - Unidad Militar de Emergencias". ume.defensa.gob.es. Consultado o 2024-11-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]