Bombardier 415

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bombardier 415
4316MAT5.jpg
Bombardier 415 da Forza Aérea Española
Tipo avión anfibio contra-incendios
Primeiro voo 1993
Introducido 1994
Unidades construídas 76

O Bombardier 415 (antigamente Canadair CL-415) é un avión anfibio canadense deseñado especificamente para a loita contra-incencios. Está baseado no avión da mesma compañía CL-215. Nos Estados Unidos comercialízase co nome "Superscooper."

Deseño[editar | editar a fonte]

En 1987, seguindo as tendencias do mercado cara motores turbohélice máis eficientes, potentes e fiables, Canadair levou a cabo a tarefa de modernizar varios fuselaxes de CL-215 instalando motores Pratt & Whitney Canada PW123AF, conseguindo un incremento de potencia dun 15% con respecto aos motores de pistóns orixinais. O avión foi denominado CL-215T e tamén conta con varias melloras aerodinámicas e de sistemas, que inclúen controis motorizados, aire acondicionado na cabina e tamén melloras nos sistemas eléctricos e de aviónica. As características externas máis notables do novo CL-215T foron engadidos aerodinámicos nas ás e na empenaxe.

Baseado no exitoso CL-215, a compañía presentou o CL-415, unha nova serie de produción que comezou en 1993. O 415 ten unha cabina actualizada, melloras na aerodinámica e cambios no sistema de liberado de auga, creando un moderno avión contra-incendios para ser usado na detección e extinción de incendios forestais.

Comparado co CL-215, o 415 incrementou o peso e a velocidade operacional, producindo unha maior produtividade e rendemento. O 415 pode sacar ata 6.140 litros dunha fonte de auga próxima, mesturada cunha escuma química se se desexa, e arroxala ao lume sen ter que regresar á base para encher os seus tanques. O 415 foi desenvolvido especificamente para proporcionar a capacidade de lanzar grandes cantidades de auga como resposta rápida a un incendio. O avión está construído para que sexa fiable e teña unha vida operacional longa, ao estar feito con materiais resistentes á corrosión.

O primeiro 415 voou o 6 de decembro de 1993 e comezou a ser entregado en novembro de 1994. Pronto lle seguiron pedidos de varios países. En recoñecemento ás súas habilidades nas tarefas de extinción do lume, o avión foi galardoado co prestixioso "Batefuegos de oro".

Dos 76 construídos, sete foron retirados do servizo debido a accidentes.

O avión precisa unha lonxitude de 1.340 onde voar a 15 metros de altitude, e despois poder descender para coller 6.137 litros de auga durante un período de 12 segundos nun percorrido de 410 m sobre a superficie da auga.

Usuarios[editar | editar a fonte]

Flag of Canada.svg Canadá
  • Ministry of Natural Resources and Wildlife (Quebec) - 8
  • Ministry of Natural Resources (Ontario) - 9
  • Department of Natural Resources (Newfoundland e Labrador) - 4
  • Government Air Services, Manitoba - 4
Croacia Croacia
  • Forza aérea croata - 6
Flag of France.svg Francia
  • Sécurité Civile - 12 e 3 pedidos [1][2]
Grecia Grecia
  • Forza aérea grega - 8
Italia Italia
  • Protezione Civile - 15
España España
  • Forza aérea española - 3 e 2 pedidos[3]
  • Unidade militar de emerxencias (UME) - 2 pedidos[3]
Estados Unidos de América Estados Unidos
  • Los Angeles County Fire Department - aluga 2 de Quebec para usar durante a estación de lumes.[4][5]
  • Condado de San Diego - aluga 2 de Quebec para usar durante tres meses, dende o 13 de setembro ao 13 de decembro[6]
Flag of Malaysia.svg Malaisia
  • Axencia malasia de vixiancia marítima - dous 415MP pedidos.[7]
Marrocos Marrocos
  • Forza aérea marroquí - 4 (dous pedidos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Keijsper 2008, p. 40.
  2. http://www.bombardier.com/en/aerospace/amphibious-aircraft/status-report.html
  3. 3,0 3,1 Keijsper 2008, p. 43.
  4. -, Zev (September 14, 2011). "Fighting fire with some super friends". Los Angeles County. Consultado o January 16, 2014. 
  5. Bartholomew, Dana (August 26, 2013). "Canadian Super Scoopers arrive early in L.A. County to take on fire season". Los Angeles Daily News. Consultado o January 16, 2014. 
  6. "County leases fire-fighting planes from Quebec." SignOnSanDiego. Retrieved: July 29, 2011.
  7. Vogelaar, Rob."Bombardier Sells Four Bombardier 415 Amphibious Firefighting Aircraft to an Undisclosed Customer." aviationnews.eu, March 28, 2011. Retrieved: July 29, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]