País Leonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En azul, as provincias leonesas.
Bandeira leonesista vencellada á esquerda política.
Bisbarras do País Leonés

O País Leonés (País Llionés ou País Llïonés en leonés)[1] é, segundo os rexionalistas leoneses, o territorio formado polas provincias españolas de León, Zamora e Salamanca, onde se estenden a lingua e cultura leonesas. Coincide co Reino de León definido na división administrativa realizada por Javier de Burgos por medio do Real Decreto de 30 de novembro de 1833,[2] pero a súa definición non coincide plenamente co reino de León histórico pois este abranguía un territorio máis extenso.

Porén, os límites do País Leonés non son de todo precisos, pois algúns sectores leonesistas inclúen neste territorios do pasado histórico do Reino de León ou de proclamada cultura leonesa (principalmente aqueles nos que se falan variantes do asturleonés). Deste xeito, formarían tamén parte do País Leonés a Franxa do Carrión (Palencia), a marxe dereita do río Valderaduey (Valladolid), a franxa occidental da provincia de Valladolid, Valdeorras (Ourense), e a bisbarra do Barco de Ávila (Ávila)[3][4], onde se falaría asturleonés oriental; e os territorios portugueses do río Sabor (Sendim e Miranda do Douro, onde falan unha variante do asturleonés occidental coñecida como mirandés, que é oficial en Portugal).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. * Llïonés (con diérese): forma gráfica explicada aquí. Os sectores contrarios a esta ortografía vincúlana ao dirixente político Abel Pardo Fernández, de Conceyu Xoven, e ás actividades que impulsou cando ocupaba a Concellaría de Cultura do Concello de León, así como a algúns colectivos ou asociacións culturais como O Fueyu, El Toralín e A Barda (todas elas presididas por membros da organización política Conceyu Xoven ou vinculadas a esta). Estes grupos consideran que o leonés e o asturiano, aínda que pertencentes ao mesmo dominio lingüístico, deben ser considerados dous idiomas diferenciados.
  2. La Voz de Salamanca. "Juventudes Socialistas de Castela e León recoñece "a Rexión Leonesa"" (en español). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  4. http://paisleones.blogspot.com.es/2012/06/guardo-lucha-por-su-mineria.html
  5. Partido Carlista de León. "Comarcalización do Reino de León" (en español). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 1 de febreiro de 2011.