Un asunto privado (serie de televisión)
Un asunto privado | |
---|---|
Formato | Drama, misterio e acción |
Creado por | Ramón Campos Teresa Fernández-Valdés Gema R. Neira |
Desenvolvido por | Bambú Producciones |
Dirixido por | David Pinillos María Ripoll Daniel Aranyó |
Intérpretes | Jean Reno Aura Garrido Gorka Otxoa Pablo Molinero Álex García Ángela Molina Tito Valverde Julieta Serrano |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Ramón Campos Teresa Fernández-Valdés |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Primeiro episodio | 16 de setembro de 2022 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un asunto privado[1] é unha serie española orixinal de Amazon Prime Video protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno.[2] Foi creada por Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Gema R. Neira, directores de Bambú Producciones, empresa creadora doutras series como Velvet, Gran Hotel ou Las chicas del cable.[3] A serie, gravada entre Vigo e Pontevedra, estreouse o 16 de setembro na plataforma de streaming de Amazon e consta de 8 capítulos de 50 minutos cada un.
Estreouse en Amazon Prime Video con versión dobrada e subtitulada ao galego o 16 de setembro de 2022.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Marina Quiroga (Aura Garrido) é unha moza da alta sociedade con moito afán polo misterio. Cando un asasino en serie mata varias prostitutas, deixándolles gravada no peito unha flor de lis, Mariña decide emprender unha investigación para deter o delincuente coa axuda do seu mordomo e fiel amigo Héctor (Jean Reno), un home sensible e observador. Doutra banda, moitos factores na vida de Marina entorpecerán a súa procura: os prexuízos por ser muller, os intentos da súa nai para que case e que o xefe de policía sexa o seu propio irmán, Arturo (Pablo Molinero). Malia todos estes inconvenientes, Marina demostra, a través do seu enxeño, que é unha aspirante a detective policial con moito talento.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jean Reno como Héctor
- Aura Garrido como Marina Quiroga
- Gorka Otxoa como Pablo Zarco
- Pablo Molinero como Arturo Quiroga
- Álex García como Andrés
- Ángela Molina como Dona Asunción
- coa colaboración especial de
- Tito Valverde como Antón Ramírez (Episodio 2 - Episodio 3; Episodio 5 - Episodio 8)
- Julieta Serrano como Chusa Malpica (Episodio 3)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "Un asunto privado". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Herruzo Martínez, Ignacio (23 de novembro de 2020). Diez Minutos, ed. "'Un asunto privado', la primera serie de Bambú en Amazon Prime Video, anuncia su reparto" (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021.
- ↑ Costas, Nayín (23 de marzo de 2021). El Confidencial, ed. "El salto que supone 'Un asunto privado': "Es lo más cerca de James Bond que hemos estado"" (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2021.
- ↑ @Fansubgalego (ed.). "Un asunto privado, dobrada e subtitulada en galego". Consultado o 19 de setembro de 2022.