Julieta Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulieta Serrano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de outubro de 2019Més procés és més retallades
20 de decembro de 2018manifesto «Que no ens divideixin» Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0785565 Allocine: 130247 Allmovie: p64565 Editar o valor em Wikidata

Julieta Serrano Romero, nada en Barcelona o 2 de xaneiro de 1933,[1] é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Julieta Serrano provén dunha familia de actores e comezou no teatro afeccionado. A prolífica carreira de Serrano iniciouse na década de 1950. Os seus primeiros anos transcorreron entre Barcelona, Casinos (Valencia)[2] e Madrid entrando a formar parte da compañía teatral de José Tamayo.

Ao longo da súa carreira compaxinou o cinema co teatro e a televisión.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2018 recibiu o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte pola súa participación en Ricardo III no Teatro Nacional de Cataluña e Dentro de la tierra no Centro Dramático Nacional e pola "súa incansable busca artística e intelectual, o compromiso e a súa xenerosidade no traballo, a súa proximidade e o seu incalculable talento interpretativo".[3] En 2019 recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes.[4] O 25 de xaneiro de 2020 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo filme Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar, converténdose na actriz de máis idade que conseguiu un Goya.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "‘Figuras’ Entrevista a la actriz Julieta Serrano. CDAEM. INAEM" (en castelán). Consultado o 2022-02-21. 
  2. «[1]»,El Periódico de Aquí, 04-I-2019
  3. Press, Europa (24 de setembro de 2018). "Julieta Serrano, Premio Nacional de Teatro 2018". europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  4. AV451, Redacción (24 de decembro de 2019). "Las actrices Julieta Serrano y Rossy de Palma reciben la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2019". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]