Umnak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Umnak
Unmax, Umnax
Umnak en Alasca
Umnak
Umnak
Localización da illa
vista da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoIllas Aleutianas
MarMar de Bering, océano Pacífico
Coordenadas53°13′26″N 168°25′55″O / 53.22389, -168.43194Coordenadas: 53°13′26″N 168°25′55″O / 53.22389, -168.43194
Xeografía
Superficie1.776´8 km²
Longura máxima116 km.
Largura máxima26 km.
Perímetro330´2
Punto máis alto2.149 m. Monte Vsevidof
Demografía
CapitalNikolski
Poboación39 (2000)
Densidade0´022 hab./km²

Umnak (aleutiano: Unmax, Umnax)[1][2] é unha das illas Fox (Alasca) nas Illas Aleutianas. Con 1.776´76 km² de superficie de terra, é a terceira illa máis grande no arquipélago Aleutiano e a 19ª illa máis grande dos Estados Unidos. A illa é o fogar dunha gran caldeira volcánica en Mount Okmok e o único campo de geyseres en Alasca. Está separado da illa Unalaska por Umnak Pass.[3][4] No ano 2000, Umnak estaba habitada permanentemente por só 39 persoas.


Historia[editar | editar a fonte]

Illa Umnak

O establecemento coñecido máis cedo na illa de Umnak está en Anangula (distrito de Anangula)) e ten 8.400 anos de antigüidade.[5] Anangula foi abandonado e máis tarde destruído. A maior parte dos primeiros asentamentos en Umnak estaban situados ao longo dos arroios. Un acontecemento xeolóxico importante foi o corte de pisos durante o período Holoceno, fai aproximadamente de 8250 a 3000 anos, o que levou a un maior fornezo de alimentos naturais á illa para os colonos.[6]

A illa de Umnak foi alcanzada primeiro polos comerciantes rusos de peles independentes na década de 1750. Os abusos dos rusos levaron a unha alianza entre o pobo aleutiano nas Illas Fox. Durante o inverno de 1761-1762, as cuadrillas de catro naves rusas foron masacradas.[7] Incluíndo a unha tripulación enteira en Umnak que foi completamente aniquilada. Os comerciantes rusos responderon cunha campaña de terra queimada en 1764 que esencialmente puxo fin á independencia dos aleutianos.

A historia moderna da illa Umnak está vinculada ás bases militares establecidas polos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. O propósito das bases aéreas adiantadas nas illas Aleutianas non era só defender Dutch Harbor, senón tamén lanzar ataques contra o arquipélago xaponés.[3]

A US Navy considerou Umnak como do seu uso exclusivo. Crearon a "Blair Fish Packing Co," un camuflaxe, para construír aeroportos e bases para ser utilizados pola Forza Aérea do Exército dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. Logo de obter autorización do Xeneral DeWitt, o Xeneral Buckner construíu bases aéreas en Umnak e en Cold Bay. No momento en que os xaponeses atacaron no verán de 1942, a gornición estadounidense en Umnak tiña unha forza combinada de 4.000 homes, incluíndo compañías de enxeñaría complementadas por infantaría e unidades de artillaría antiaérea e de campaña. Os xaponeses planeaban atacar a illa en xuño e capturala para manter patrullas aéreas sobre as augas do Pacífico Norte. Umnak debía ser un posto avanzado nunha nova área de dominación que máis tarde incluiría as illas Samoa e Fidxi e Nova Caledonia. Os xaponeses descoñecían os preparativos encubertos que estaban realizando os Estados Unidos, xa que crían que a illa só estaba protexida por uns poucos barcos que operaban en augas aleutianas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esquerda: Caldeira Okmok, Umnak norte. Dereita: Umnak sur.

Umnak, e a terceira illa máis grande das Aleutianas logo de Unimak e Unalaska, atópase nas illas Fox (Alasca) nas illas Aleutianas no Mar de Bering, ao suroeste da illa máis grande de Unalaska. Ten aproximadamente 113–116 km de longo e 26 km. de largo de media.[8][9] A illa separouse no último período glacial e agora a illa atópase ao redor de 300 km das beiras norteamericanas. É unha illa volcánica activa, cunha superficie de 1.793´2 km² e cunha liña de costa que se estende sobre 330´2 km. A elevación da illa é de 2.132 m.[4] A illa é moi montañosa cun baixo nivel de vexetación. A illa non ten un porto, aínda que unha baía de tamaño considerable está situada na parte occidental da illa e contén a illa Adugak.[3][10] O punto sur da illa é coñecido Como Cape Sagak (Cabo Sagak).[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Bright Native American placenames of the United States, University of Oklahoma Press, 2004, ISBN 0-8061-3598-0 p. 347
  2. K. Bergsland (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center. ISBN 1-55500-047-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "There's a Fighter Base Located Where?". Umnak homepage. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 "Islands of United States of America". Umnak [447]. UNEP. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  5. Robert F. Black (1976). "Geology of Umnak Island, Eastern Aleutian Islands as Related to the Aleuts". Arctic and Alpine Research 8 (1): 7–35. JSTOR 1550607. doi:10.2307/1550607. 
  6. R.F. Black (1975). "Late-Quaternary Geomorphic Processes: Effects on the Ancient Aleuts of Umnak Island in the Aleutians" (PDF). Arctic 28 (3): 159. doi:10.14430/arctic2830. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xuño de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  7. Lydia Black (2004). Russians in Alaska. Fairbanks: University of Alaska Press. ISBN 1-889963-05-4. 
  8. "Umnak". Oceandots, The Islands Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  9. United States Coast Pilot. Alaska. Part II. Yakutat Bay to Arctic Ocean. U. S. Coast And Geodetic Survey,BiblioBazaar, LLC,. 2009. p. 216. ISBN 1-113-48946-4. 
  10. Encyclopædia Britannica; or, a dictionary of arts, sciences, and miscellaneous literature, Volume 9. Encyclopædia Britannica, Bell and Macfarquhar. 1797. p. 433. 
  11. "Cape Sagak". Geographic Names. Consultado o November 22, 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]