Inokentii Lototskyi
Інокентій Лотоцький (Inokentii Lototskyi) | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica bizantina ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 3 de novembro de 1915 en Stari Petlykivtsi, distrito de Buchach, Ucraína |
Pasamento | 4 de xullo de 2013 en Chicago, Estados Unidos de América |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 24 de novembro de 1940, por Pavel Peter Gojdič |
Consagración episcopal | 1 de marzo de 1981, por Yosyf Slipyi |
Bispo de San Nicolao de Chicago | |
1980 - 1993 | |
Predecesor | Jaroslav Gabro |
Sucesor | Michael Wiwchar |
Inokentii Iliarii Lototskyi (en ucraíno: Інокентій Ілярій Лотоцький), nado en Stari Petlykivtsi (distrito de Buchach, Ucraína) o 3 de novembro de 1915 e finado en Chicago o 4 de xullo de 2013, foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo de San Nicolao de Chicago entre 1980 e 1993.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 3 de novembro de 1915 en Stari Petlykivtsi, entón no Reino de Galicia e Lodomeria.[1] Logo de rematar os estudos na súa vila natal, trasladouse a Buchach ao Instituto Misioneiro de San Xosafat dependente do mosteiro basiliano de Buchach, do que graduouse en 1932. Ao rematar os seus estudos entrou no novizado basiliano de Krekhiv, tomando o nome de "Inokentii". Completou o novizado en 1934 facendo os primeiros votos alí, e continuou a súa formación relixiosa en Lavriv, preto de Starii Sambir. Entre 1936 e 1937 estudiou retórica en Dobromyl, onde fixo os votos solemnes o 8 de agosto de 1937. Posteriormente estudou filosofía até 1939 en Krystynopil.
Co estoupido da Segunda Guerra Mundial, profesores e estudantes de teoloxía trasladáronse a Olomouc (Checoslovaquia), onde Lototskyi foi ordenado sacerdote o 24 de novembro de 1940 por Pavel Peter Gojdič.[1] Permaneceu en Olomouc até xaneiro de 1941, cando trasladouse a Viena para ampliar os seus estudos teolóxicos.[1]
En novembro de 1946 trasladouse a Bélxica, exercendo o seu ministerio entre a diáspora ucraína,[1] e a finais de ano trasladouse aos Estados Unidos de América,[1] onde foi mestre e abade até 1951 en Filadelfia. Entre 1951 e 1953 foi profesor en Nova York para a provincia basiliana de América, e posteriormente até 1958 párroco da Igrexa de San Xurxo en Manhattan.[1] En 1958 pasou a ser mestre de novizos en Glen Cove,[1] e en xaneiro de 1960 abade do mosteiro basiliano de Chicago.[1] A partir de novembro de 1961 foi párroco da igrexa de San Nicolao, e o 1 de agosto de 1962 foi trasladado como abade e párroco á igrexa da Inmaculada Concepción de Hamtramck.[1]
O 22 de decembro de 1980 foi nomeado por Xoán Paulo II bispo de San Nicolao de Chicago. Foi consagrado bispo o 1 de marzo de 1981 en Roma por Yosyf Slipyi.[1]
Permaneceu no cargo até que lle foi aceptada a renuncia por razón de idade o 2 de xullo de 1993. Foi ingresado por problemas respiratorios o 29 de xuño de 2013 no Presence Saints Mary and Elizabeth Medical Center de Chicago, onde finou o 4 de xullo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). "Lotocky, Innocent". Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 191. ISBN 9780802033628.
- ↑ "Bishop Innocent Lotocky, OSBM has passed away". Ukrainian Catholic Eparchy of Edmonton (en inglés). 8 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07/05/2019. Consultado o 7/05/2019.