Twitstar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Twitstar ou tuitstar (do inglés, estrela de twitter) é o termo empregado para referirse aos usuarios da rede social Twitter máis populares e con maior número de seguidores.[1] Este termo tamén é adoito empregado para denominar as persoas que se fixeron populares a través desta rede de microblogging. Así, os cantantes, actores, e outras persoas con gran número de seguidores que xa eran famosos antes de abrir a súa conta en Twitter, non son considerados twitstars.

Existen varias páxinas que se adican a contabilizar e medir a popularidade dos usuarios de Twitter. As máis empregadas son Favstar e Klout. Favstar emprega o número de chíos que son marcados como favoritos e rechouchiados, e usa eses datos para establecer un clasificación de popularidade. Klout, por outra banda, analiza non só as interaccións en Twitter, senón tamén noutras redes sociais, establecendo unha puntuación de 0 a 1.000 en función da popuaridade do usuario.

Twitstars galegos[editar | editar a fonte]

Principais tuitstars galegos (2015)
Nome Usuario Seguidores
Ismael Prego @wismichu[2] 1.230.000
Óscar Velázquez @elbarónrojo 204.000
Carlos Gómez @ElHumanoide 160.000
Miguel Ángel López @hematocritico 99.500
Lucía Taboada @taboadalucia 50.600
Manuel de Lorenzo @October__Lee 29.200

O twitstar galego que posúe o maior número de seguidores é Ismael Prego, máis coñecido como Wismichu. A súa canle en Youtube conta con máis de 2,5 millóns de suscriptores, e en Twitter ségueno máis de 900.000 usuarios. O 28 de marzo de 2015 a súa canle foi pechada por mor de denuncias de incumprimento da política de Youtube. Finalmente a conta foille devolta.[3]

A nive global, os usuarios con maior número de seguidores son Katy Perry (69.078.451), Justin Bieber (63.153.115) e Barack Obama (58.620.773).

O chío máis rechouchiado desde que botou a andar Twitter en 2009 foi o selfie que tirou a presentadora Ellen DeGeneres na gala dos Oscar de 2014 con algúns dos asistentes á gala, como Brad Pitt, Angelina Jolie, Bradley Cooper, Meryl Streep, Julia Roberts, Kevin Spacey e Jennifer Lawrence. Dito chío foi rechouchiado por 3.338.143 persoas, e sinalado como favorito por 2.072.360 usuarios.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia (Suplemento) (ed.). "Twitstars de a pie en Saltillo". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. "Wismichu".  en Twitter
  3. El Mundo (ed.). "El 'caso Wismichu': ¿Qué le ocurre a un 'youtuber' cuando se queda sin canal?". Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  4. RTVE (ed.). "El 'selfie' de Ellen DeGeneres en los Oscar 2014, el tuit más retuiteado de la historia". Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]