Lucía Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucía Taboada
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: TaboadaLucia Editar o valor em Wikidata


Lucía Taboada Vázquez, nada en Vigo en 1986, é unha xornalista e escritora galega.[1] Acadou o premio Panenka ao Libro do ano de 2019 por Como siempre, lo de siempre.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Taboada estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid (UCM).[3] Traballa como redactora en Todo por la Radio, un espazo do programa La Ventana (Cadena SER) dirixido e presentado por Carles Francino.[4] Tamén apareceu puntualmente noutros programas de radio como Carne Cruda.[5]

Publicou artigos en medios escritos como El País, onde cobre sobre todo tipo de temas de gastronomía, no xornal As, onde escribe de fútbol, e en revistas como GQ, e Vogue tratando temas de cultura, especialmente de cine e televisión.[6][7][8][9] Tamén colaborou coa ilustradora Raquel Córcoles, creadora do personaxe Moderna de Pueblo, na creación e o guión do personaxe de 'La Imperfecta', que se publica na revista Mujer Hoy do grupo Vocento.[10]

Co personaxe de La Imperfecta como protagonista, Taboada e Córcoles publicaron dous libros. O primeiro Dejar de amargarse para Imperfectas en 2014, e o segundo Fuera complejos para Imperfectas en 2016.[11][12] Segundo 20 Minutos, é "un libro que explora a obsesión pola perfección a base de humor" e "propón un plan de vinte e un días para axudar ás mulleres a sentirse mellor coa súa imaxe física".[13]

Taboada publicou en 2015 #Hiperconectados: en una relación estable con Internet, onde fai unha crítica á dependencia das redes sociais e a tecnoloxía. Nesta ocasión o libro conta con ilustracións de Ester Córcoles, irmá de Raquel Córcoles.[14] Uns anos despois, en 2019, publicou na editorial Libros del K.O. Como siempre, lo de siempre, dentro da colección Hooligans Ilustrados, libro no cal Taboada aborda a súa paixón polo fútbol como afeccionada do Real Club Celta de Vigo.[1][15] Este traballo recibiu o premio Panenka ao Libro do ano, outorgado pola revista Panenka especializada en fútbol.[16][17][18]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2020 a revista Panenka especializada en fútbol celebrou a súa sexta edición dos Premios Panenka.[2] Na gala, celebrada en Barcelona, Taboada recibiu o premio ao Libro do ano 2019 por Como siempre, lo de siempre, sendo a única autora entre os once candidatos ao premio, e a única muller en recibir un dos galardóns.[17][19]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Lucía Taboada". Libros del K. O. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Sport (10 de febreiro de 2020). "Marcelino deja entrever que entrenará en el extranjero la próxima temp" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2020. 
  3. Redacción. "Guadaqué - Sergio Alberruche presenta en Madrid su novela ‘Una canción’" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  4. SER, Cadena. "Buscador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  5. "Carne cruda: Debatuiter" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  6. "Artículos escritos por Lucía Taboada". El País (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  7. AS, Diario. "Artículos escritos por Lucía Taboada" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  8. "Lucía Taboada: Últimas noticias, imágenes, vídeos y destacados en GQ España" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  9. "Lucía Taboada: Últimas noticias, imágenes, vídeos y destacados en Vogue España" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  10. "La Imperfecta. Autores | Mujerhoy.com". Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  11. "Si eres 'ImPerfecta', deja de amargarte con este capítulo en exclusiva (VIÑETAS)" (en castelán). 28 de octubre de 2014. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  12. "Lucía Taboada y Raquel Córcoles presentan 'Fuera complejos para imperfectas'". 
  13. 20minutos (14 de abril de 2016). "Lucía Taboada y Moderna de Pueblo publican 'Fuera complejos para imPerfectas'" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  14. lecturalia.com. "Lucía Taboada: libros y biografía autora" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  15. "Lucía Taboada: "A lo mejor vivimos eternamente en el ‘Coma sempre, o de sempre’"". Mundo Esférico (en castelán). 7 de julio de 2019. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  16. Picatoste, Mauro (11 de febreiro de 2020). "Ser celtista y contarlo tiene premio" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  17. 17,0 17,1 "Así fue la 6a edición de los Premios Panenka" (en castelán). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  18. "Panenka. El fútbol que se lee" (en castelán). Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  19. "Óscar de Marcos aspira a su primer premio literario". Consultado o 7 de marzo de 2020.