A causa das Guerras de independencia de Escocia foi motivada pola incerteza da sucesión na Coroa Escocesa despois da morte de Alexandre III en 1286. Eduardo I de Inglaterra apoiou inicialmente a candidatura de John Balliol, quen foi coroado como Rei dos Escoceses en 1292, pero finalmente expresou o seu propio reclamo de soberanía sobre Escocia. Despois do exilio de Balliol, Robert the Bruce reclamou tamén o seu dereito á coroa, ofrecendo unha resistencia a Eduardo. Roberto I declarouse a si mesmo Rei, e coroouse en 1306. Logo diso inflixiu unha derrota decisiva ós ingleses, que estaban baixo o mando de Eduardo II, na Batalla de Bannockburn en 1314.