Saltar ao contido

Trabada, Trabada, Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trabada

Editar o valor en Wikidata
ParroquiaTrabada
ConcelloTrabada
Coordenadas43°26′41″N 7°11′43″O / 43.44475, -7.19527
Poboación221 hab. (2024)
[ editar datos en Wikidata ]

Trabada é un lugar da parroquia de Trabada, no concello lucense de Trabada, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 221 habitantes (112 homes e 109 mulleres)[1].

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Trabada (do latín Tabŭlāta) fai referencia ao río Trabada, que desauga no río Eo.[2] Menciónase no Diploma do rei Silo, documento datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Trabada

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Trabada no concello de Trabada (Lugo)

A Abaira de Baixo | Barreiros | A Cabana | A Cachopa | A Canle | O Carballo | O Chao de Sevil | O Chao dos Nabais | Cima de Vila | Cotarelo | O Coto | O Covacho | A Ermida | A Escanarega | O Espín | Fondo de Vila | Fontán | Fosos | A Granxa | A Lagoa | Lamelas | As Lóngaras | Mozandeo | O Muín Queimado | Órrea | O Outeiro | O Pacio | O Parladoiro | Paucabaleiro | A Penela | O Pibidal | A Ponte Gorda | O Pontigal | O Porto do Malle | Redondo | O Rego Rubio | A Ribela | Río | Santo Estevo | Soenlle | Trabada | A Trapa | A Veiga | O Vilar | Xuga

Non aparecen no Nomenclátor de 2003: A Abaira de Riba | As Grupilleiras | Vilapercide

Parroquias de Trabada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Trabada

A Fórnea (Santo Estevo) | A Ría de Abres (Santiago) | Sante (San Xiao) | Trabada (Santa María) | A Valboa (Santa María Madanela) | Vidal (San Mateo) | Vilaformán (San Xoán) | Vilapena (Santiago)