Trabada, Trabada
| Trabada | |
|---|---|
Igrexa parroquial. | |
| Concello | Trabada[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°26′43″N 7°11′55″O / 43.4454, -7.1986 |
| Poboación | 393 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 48[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Trabada é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 507 habitantes (259 homes e 248 mulleres).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Trabada (do latín Tabŭlāta) fai referencia ao río Trabada, que desauga no río Eo.[2] Menciónase no Diploma do rei Silo, documento datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Trabada
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Trabada no concello de Trabada (Lugo) | |
|---|---|
|
A Abaira de Baixo | A Abaira de Riba | Barreiros | A Cabana | A Cachopa | A Canle | O Carballo | O Chao de Sevil | O Chao dos Nabais | Cima de Vila | Cotarelo | O Coto | O Covacho | A Ermida | A Escanarega | O Espín | Fondo de Vila | Fontán | Fosos | A Granxa | As Grupilleiras | A Lagoa | Lamelas | As Lóngaras | Mozandeo | O Muín Queimado | Órrea | O Outeiro | O Pacio | O Parladoiro | Paucabaleiro | A Penela | O Pibidal | A Ponte Gorda | O Pontigal | O Porto do Malle | Redondo | O Rego Rubio ou O Bizarro | A Ribela | Río | Santo Estevo | Soenlle | Trabada | A Trapa | A Veiga | Vilapercide | O Vilar | Xuga |
Parroquias de Trabada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 148-152. ISBN 978-84-947823-3-6.