Trótula de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trótula de Salerno
Trotula of Salerno.jpg
Nacementoséculo X
 Salerno
Falecementoséculo XII e 1097
Ocupaciónmédica, cirurxián, escritor médico e xinecóloga
FillosMariela
Coñecido/a porPractica secundum Trotam, De curis mulierum, De ornatu mulierum e Liber de sinthomatibus mulierum
editar datos en Wikidata ]

Trótula de Salerno[1], nada en Salerno a comezos do século XI e finada na mesma vila en 1097[2], foi unha doutora italiana que escribiu varios traballos influentes de medicina feminina, sendo o máis importante deles Passionibus mulierum curandorum, tamén coñecido como Trótula major.

Foi coñecida tamén cos nomes de Trota de Salerno, Trocta de Salerno, Trotula Platearius, Trótula Platearius, Trocta di Ruggiero, Trota de Ruggiero, Trótula de Ruggiero ou Trótula de Ruggero.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe acerca da vida de Trótula. Pénsase que foi profesora de medicina da Escola Médica Salernitana (que foi o primeiro centro médico sen conexión coa igrexa e é considerada por algúns autores como a primeira universidade europea) que aceptaba mulleres como profesoras e alumnas. Os seus libros céntranse nos problemas médicos das mulleres, incluíndo a menstruación e o parto. Os seus escritos reflectiron ideas moi avanzadas para o seu tempo: un exemplo é o seu apoio a que se lles subministrasen opiáceos ás mulleres durante o parto para mitigar a dor, unha práctica que entón era perseguida polas autoridades. Tamén afirmaba que os impedimentos á concepción podían ser debidos tanto ás mulleres como aos homes, en claro contraste coa arraigada crenza de que a esterilidade dunha parella sempre era debida á muller. Por outro lado, o seu traballo tamén estaba influído polas ideas da súa época: sostiña que ―a causa do pecado orixinal provocado por Eva―, as mulleres eran por natureza máis susceptíbeis de enfermar, e por iso precisaban dunha maior atención médica.

Ilustración do manuscrito Passionibus mulierum, de Trótula.

O seu esposo e os seus dous fillos tamén foron médicos e profesores na famosa Escola. Colaborou co seu marido ―Giovanni Platearius―[3] na Encyclopaedia regimen sanitatis e atribúenselle dúas obras propias. A primeira e máis coñecida é un tratado de xinecoloxía e obstetricia, Trótulae curandarum aegritúdinum mulierorium ante et post partum, máis coñecido como Passiónibus mulierum curandorum (‘curación das doenzas das mulleres’), de sesenta capítulos, no que se trata a menstruación, a concepción, o embarazo, o parto, o control da natalidade, ademais de diversas enfermidades xinecolóxicas e doutro tipo, así como dos seus remedios. Tamén se coñece este tratado como Trótula maior ou simplemente como o Trótula e usouse como texto obrigatorio de medicina nas universidades até o século XVI, sufrindo multitude de plaxios ao longo dos séculos. A outra obra é un tratado sobre a cosmética, así como do coidado da pel e a hixiene como prevención de enfermidades chamada Ornatu mulierum, tamén coñecida como Trótula minor.[4]

O tratado De ornatu mulierum.

Aínda que se pensa que morreu anciá na súa cidade natal, nada se coñece con exactitude acerca da morte de Trótula. A creación das universidades desde o século XII, onde só se permitían estudantes masculinos, excluíu as mulleres da educación superior e os mestres universitarios procuraron minimizar os traballos ou incluso ignorar a existencia destas médicas pioneiras anteriores, que chegaron a exercer un traballo logo reservado en exclusiva aos homes até finais do século XIX. Algúns estudosos chegaron a dubidar de que fose unha muller, e outros até mantiveron a opinión de que era un personaxe ficticio, polo que desde o século XV as súa obras se adoitaban atribuír a un varón, masculinizando o seu nome a Trótulo (Trotulus).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galeano, E. (2008): Espejos, una historia casi universal (páx. 77). Madrid: Siglo XXI (colección Eduardo Galeano) (en castelán).
  2. «Trótula de Salerno»[Ligazón morta], artigo de Margarita del Valle García, en Publicación Oficial SEDENE, n.º 29, primeiro semestre de 2009, no sitio web Elsevier (en castelán).
  3. «Trotula fue esposa de Giovanni Platearius y madre de Mathias y de Giovanni el joven, practicantes de la medicina y autores de libros médicos, pero ella misma enseñó medicina en la escuela de Salerno»
    CAZÉS MENACHE, D. (2007): Obras feministas de François Poulain de la Barre (1647-1723), páx. 172. México: Universidad Nacional Autónoma de México (en castelán).
  4. Cavallo, P. (2008): «The first cosmetic treatise of History. A female point of view», artigo en International Journal of Cosmetic Science, PMID 18377616 (en inglés).