Ton Puey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTon Puey

Ton Puey, nado na Coruña en 1970, é un artista marcial galego, fundador da federación AGEA e mestre de armas da Academia da Espada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na súa infancia e mocidade en karate shotokan e en esgrima deportiva, en 2002 comeza a investigar as Artes marciais históricas europeas (HEMA, Historical European Martial Arts, coas siglas en inglés). En 2005 crea na Coruña un pequeno grupo de estudo que seria o xerme da federación galega AGEA, da que é director técnico, e desde 2015 presidente.[1][2]

Ton impartiu aulas de esgrima histórica desde 2005 no Club de Esgrima Coruña, desde 2009 na Universidade da Coruña, e desde 2010 no Club 100Tolos. En 2014 crea a Academia da Espada, a súa marca profesional para o ensino das HEMA, o que o converte nunha das poucas persoas no mundo a vivir desta actividade.

Na actualidade é un instrutor con demanda internacional, sendo chamado para impartir aulas en Bilbao, Toledo, Barcelona, Maiorca, Alacant e noutros países europeos como Portugal, Francia ou Bélxica.[3]

No ámbito investigador está centrado na Verdadeira Destreza ibérica dos séculos XVI – XVIII. É membro da AGEA Editora, onde co-redactou dúas das obras publicadas: Tratado das Lições da Espada Preta e Destreza que hão de usar os jogadores dela, do mestre Thomas Luiz, e Manuscrito da Espada, anónimo do século XVII.

Está afiliado na Historical European Martial Arts Coalition e é membro honorario da Asociación Española de Esgrima Histórica (AEEH). Fundou, xunto con Alberto Bomprezzi e Diniz Cabreira, a ESPADA – Comunidade Iberoamericana de Artes Marciais Históricas Europeas para a promoción internacional das HEMA.

Foi recoñecido como mestre de armas pola Federazione Italiana Scherma.[4][5]

Participou como especialista en varias producións audiovisuais como O final do camiño e Gato Studio capturou os seus movementos para animar os combates dos personaxes do videoxogo The Waylanders.[6][7]

Tamén ten participado en exhibicións en varias localidades e festas como a Festa da Istoria de Ribadavia.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Acerca de nós". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-20. 
  2. "Biografía en Academia da Espada". Academia da Espada (en castelán). Consultado o 2020-10-20. 
  3. Carballo, Enrique (1 de marzo de 20115). ""A Coruña es referente mundial en la escuela hispánica de espada del Siglo de Oro"". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  4. "r/wma - FIS (Federazione Italiana Scherma) IE the Italian Sports Fencing Federation has started to acknowledge HEMA masters including Ton Puey". reddit (en inglés). Consultado o 2020-10-20. 
  5. "Ton Puey, un trotamundos al rescate de un arte ancestral". dxtcampeon.com (en castelán). 19 de outubrode 2018. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  6. "El videojuego «The Waylanders» llevará Galicia a 162 países". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-14. Consultado o 2020-10-20. 
  7. Redacción (22 de outubro de 2018). "'The Waylanders' recada 45.000 dólares en 5 días para desenvolver o videoxogo ambientado na Galicia celta e medieval". praza.gal. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  8. Redacción (24 de agosto de 2016). "A Festa da Istoria, a piques de empezar, ten a súa propia APP e a súa propia cervexa". galiciaconfidencial.com. Consultado o 17 de marzo de 2023.