Artes marciais históricas europeas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dúas persoas en armadura tardomedieval empuñan espadas como se fosen pequenas lanzas, dispostas a combater.
Unha imaxe de combate en arnés (armadura) do manuscrito Gladiatoria do S.XV.

Co nome de artes marciais históricas europeas (AMHE) coñécese un conxunto de sistemas de combate practicados ao longo da historia na Europa e as súas areas de influencia.

Normalmente refírese a sistemas que caeran en desuso, interrompéndose a transmisión xeracional. Son reconstruídos, por tanto, mediante o estudo dos manuais técnicos que quedaran escritos na época en que estas artes eran usadas. O manual mais antigo que se conserva é o manuscrito Walpurgis Fechtbuch, de principios do século XIV.

Dúas persoas vestindo equipamento deportivo e proteccións modernas compiten loitando con espadas empuñadas a dúas mans.
Práctica moderna de combate con espada longa sen armadura durante unha competición deportiva en Suecia.

A recuperación das AMHE tivo varios precedentes ao longo da historia, sendo un dos mais notábeis a iniciativa de Alfred Hutton a principios do século XX no Reino Unido, que foi interrompida pola primeira guerra mundial e as crises seguintes. A actual vaga iniciase a finais do S.XX, apoiada na revolución dixital: internet, a nova facilidade de comunicación e a dixitalización progresiva dos fondos de bibliotecas de todo mundo. Isto permitiu que unha rede laxa de persoas independentes, académicas e artistas marciais comezasen a desenterrar, analizar e compartir un considerábel volume de fontes, dando lugar a proxectos como a Wiktenauer.

Na actualidade hai unha comunidade crecente en moitos países do mundo,[1][2] interconectada a través de internet e de competicións[3][4] e encontros internacionais.[5][6][7][8][9]

En Galiza[editar | editar a fonte]

A maioría dos colectivos galegos agrúpanse na federación AGEA[10] que reúne sete colectivos:

Ligada a esta federación está tamén a AGEA Editora, que publica tratados de artes marciais ibéricas e outros materiais relacionados.[11]

Desde 2008, a AGEA realiza un evento anual chamado «Torneo Internacional Torre de Hércules» que combina varios formatos de competición con seminarios especializados, impartidos tanto por instructores da Galiza como estranxeiros.[12]

Para alén da federación existe práctica de HEMA nos clubs de esgrima 100Tolos da Coruña e CEHEPo de Pontevedra e no ximnasio Falcata de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Find a Club — HEMAA". HEMA Alliance (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  2. "Grupos de HEMA do Brasil, a Galiza e Portugal". Google My Maps. Consultado o 2020-10-21. 
  3. "Swordfish XV – Celebrating European Martial Arts" (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  4. "Longpoint". Longpoint (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  5. "Torneo Torre de Hércules". torneotorrehercules.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2020-10-21. 
  6. "Fightcamp Events – Historical European Martial Arts In Action". fightcampevents.com. Consultado o 2020-10-21. 
  7. "» HEMAC-Dijon" (en francés). Consultado o 2020-10-21. 
  8. "Bilbao Armata" (en castelán). Consultado o 2020-10-21. 
  9. "Historisches Fechten, Schaukampf & Living History". Dreynschlag (en alemán). Consultado o 2020-10-21. 
  10. "AGEA HEMA – Federación Galega de Esgrima Antiga e Artes Marciais Históricas Europeas". Consultado o 2020-10-15. 
  11. "Início". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-15. 
  12. "Torneo Torre de Hércules". torneotorrehercules.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2020-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]