Gato Studio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gato Studio ou Gato Salvaje Studio é unha empresa galega fundada no ano 2010 na Coruña e dedicada ao desenvolvemento de videoxogos. O seu director é Sergio Prieto.[1] Os primeiro videoxogos desenvolvidos foron as aventuras gráficas AR-K: Point and Click Adventure (2014) e AR-K: The Great Escape (2015),[1] seguidas polo videoxogo de acción e plataformas Bullshot (2016).[2] The Waylanders, un videoxogo de rol que será estreado no verán de 2020,[3] está baseado nas lendas galegas e na mitoloxía celta e cuxa acción está ambientada en dous momentos temporais: o período celta e a Idade Media, nos inicios do Camiño de Santiago, e será posible que o personaxe principal viaxe no tempo entre os dous períodos.[4]

Tódolos videoxogos que lanzaron teñen unha versión en galego.[1]

Xogos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Vilariño, Mario (6 de maio de 2020). "Sergio Prieto: “Nunca unha medida do goberno fixo tanto polo galego como Son Goku”". Balea Cultural. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  2. store.steampowered.com (ed.). "Bullshot en Steam". Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  3. "The Waylanders, el rol español inspirado por Baldur's Gate, llega al Early Access en 2020". vandal (en castelán). 1 de abril de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  4. Roberts, Samuel (20 de agosto de 2018). "First look at The Waylanders, a time travel RPG inspired by Dragon Age: Origins" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]