Tom Marsters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tom Marsters
Tom Marsters 2011.jpg
Nacemento4 de agosto de 1945
 Illa Palmerston
NacionalidadeNova Zelandia
Ocupacióndiplomático e político
editar datos en Wikidata ]

Tom John Marsters, nado o 4 de agosto de 1945 en Palmerston, é un político das Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Rarotonga e no Avele Agriculture College en Samoa and Grimsby Institute of Technology no Reino Unido.[1], logo de graduarse traballou como funcionario público, foi secretario do Partido das Illas Cook desde 1968 e ata 1999. Entrou por vez primeira no Parlamento ao se presentar para unhas eleccións parciais en 1991 na circunscrición de Murienua. Marsters foi ministro de Traballo no gabinete de Geoffrey Henry, cesando en 1997 en protesta polos recurtes orzamentarios.[2]. En 2002 foi de novo nomeado ministro no primeiro goberno de coalición de Robert Woonton pero perdeu o seu posto nunha remodelación realizada en 2003.[3]. Logo das eleccións de 2004 volveu ao gabinete cando Woonton intentaba artellar unha nova coalición[4], cando Woonton dimitiu para loitar nunhas eleccións parciais, entrou no goberno de Jim Marurai como ministro de Asuntos Exteriores, Transporte, Mocidade e Deportes.[5]

En agosto de 2005, Marurai eliminou ao líder do Partido das Illas Cook Geoffrey Henry do gabinete,[6] o que causou unha crise no goberno que resultou na disolución da coalición de goberno un mes máis tarde e xa que logo marcha de Marsters do goberno.[7]. En 2006 ao perder o líder do partido Henry Puna o seu escano nas eleccións, Marsters converteuse no líder da oposición. En 2010 coa vitoria do Partido das Illas Cook nas eleccións, Marsters converteuse en viceprimeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores do novo goberno formado en decembro dese ano.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tom John Marsters". Cook Islands Government. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 2009-12-27. 
  2. Wilkie Rasmussen (1999). "Cook Islands in Review: Issues and Events, 1 July 1997 to 30 June 1998". The Contemporary Pacific 11 (1): 207.
  3. "Cook Islands deputy PM sacked". Radio New Zealand International. 2003-01-30. Consultado o 2009-12-27. 
  4. "Former Cooks cabinet minister says PM breaching party rules". Radio New Zealand International. 2004-11-18. Consultado o 2009-12-27. 
  5. "Cook Islands coalition appoints minister for sport". Radio New Zealand International. 2004-12-17. Consultado o 2009-12-27. 
  6. "New Cook Islands government after deputy PM dumped". Radio New Zealand International. 2005-08-09. Consultado o 2009-12-27. 
  7. "Cook Islands PM sacks two more ministers". Radio New Zealand International. 2005-09-12. Consultado o 2009-12-27. 
  8. "Cooks PM announces cabinet line up". Radio New Zealand International. 2010-12-02. Consultado o 2010-12-03. 
  9. "Who's who in Cabinet". Cook Islands Government. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 2010-12-15. 

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]