Wilkie Rasmussen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wilkie Olaf Patua Rasmussen, nado o 21 de marzo de 1958 en Pernhyn, é un político das Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rasmussen estudou na Universidade de Auckland, logo de exercer como barrister e solicitor, foi o secretario do Gabinete das Illas Cook, e logo Alto Comisario en Nova Zelandia de 2000 a 2002.[1] Entrou por vez primeira no Parlamento nas eleccións parciais para a circunscrición de Penrhyn celebradas en 2002 como membro do Partido das Illas Cook.[2] Logo das eleccións de 2004 entrou no goberno de Jim Marurai en substitución de Piho Rua como ministro de Cultura e Turismo.[3] e máis tarde asumiu a carteira de Asuntos Exteriores. Pouco antes das eleccións de 2006 deixou o seu partido e entrou a militar no Partido Demócrata,[4]revalidando o seu escano nas eleccións sen oposición, foi deseguido elixido vicelíder dos demócratas en agosto de 2007, substituíndo a Tepure Tapaitau[5] e foi ministro de Asuntos Exteriores, Inmigración, Recursos Mariños e Turismo ata o 28 de xullo de 2009 cando Marurai o cesou por deslealdade[6] e o partido expulsouno o 25 de agosto de 2009[7], aínda que volveu ao gabinete en decembro de 2009 logo do cese de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas[8], unha conferencia do partido en xuño de 2010 puxo fin á querela interna e nomeouno como o seu vicelíder.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Changes announced to Ministries». Cook Islands Herald. Consultado o 2009-04-11. 
  2. «Rasmussen provisional winner in Cooks by-election». Radio New Zealand International. 2002-07-01. Consultado o 2009-04-09. 
  3. «Cook Islands Party MP gets sworn in as new minister for Tourism and Culture». Radio New Zealand International. 2005-05-02. Consultado o 2009-03-27. 
  4. «Cooks foreign minister Rasmussen switches party». Radio New Zealand International. 2006-08-11. Consultado o 2009-03-27. 
  5. «Cook Islands Democratic Party elects a new deputy leader». Radio New Zealand International. 2007-08-08. Consultado o 2009-03-27. 
  6. Cook Islands minister sacked
  7. «Rasmussen expelled from Cook Islands Democratic Party». Radio New Zealand International. 2009-08-25. Consultado o 2009-08-25. 
  8. «Cook Islands’ latest Cabinet reshuffle shows more back room dealing - reformer». Radio New Zealand International. 2009-12-28. Consultado o 2009-12-28. 
  9. «New leadership for Cook Islands Democratic Party». Radio New Zealand International. 2010-06-03. Consultado o 2010-06-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]