O PIC estivo por primeira vez no poder de 1965 a 1978, data na que Albert Royle Henry se retirou da vida pública logo de cometer un delito electoral. Sucedeulle o seu primo Geoffrey Henry á cabeza do partido; volveu ao poder durante algúns meses en 1983, e posteriormente de 1989 a 1999. Participando nos anos seguintes en diversos gobernos de coalición, pasando á oposición logo das eleccións de 2006 que lle deron ao Partido Demócrata unha maioría confortable, pouco antes Geoffrey Henry decidírase retirar da vida pública, deixando o liderado en Henry Puna. En xuño de 2010 despois dunha disputa sobre a selección de candidatos Albert Nicholas deixou o partido fundando o Partido Tumu que concorreu sen éxito nas eleccións de 2010, que gañou con maioría absoluta o Partido das Illas Cook.