Robert Woonton
Robert Woonton | |
---|---|
Nacemento | 1949 |
Lugar de nacemento | Illas Cook |
Nacionalidade | Nova Zelandia |
Alma máter | Universidade de Auckland |
Ocupación | político e diplomático |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Woonton, nado en 1949 en Manihiki, é un político das Illas Cook que foi o seu primeiro ministro do 11 de febreiro de 2002 ata o 11 de decembro de 2004.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Woonton estudou medicina en Fidxi, exercendo en hospitais de Wellington e Rarotonga, é membro do Partido Demócrata, e foi elixido deputado no Parlamento pola illa de Manihiki por primeira vez en 1994, nomeado ministro de Asuntos Exteriores Affaires, Inmigración, Recursos mariños e Agricultura en 1999 no goberno de coalición de Terepai Maoate. Converteuse en primeiro ministro ao cesar Terepai Maoate, tras a perda dun voto de confianza.[1] promovido por el e formou un goberno de coalición con membros dos tres partidos presentes no Parlamento. Nas eleccións celebradas en setembro de 2004 o partido de Woonton logrou a maioría absoluta, pero o propio Woonton perdeu o seu escano en favor de Henry Puna [2] e Robert Woonton foi substituído por Jim Marurai á fronte do goberno en decembro. Máis tarde ocupou o posto de Alto Comisionado en Nova Zelandia pero cesou o 3 de marzo de 2007 por acusacións de negociar con deputados a formación dunha maioría alternativa para formar un novo goberno.[3][4]