Geoffrey Henry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geoffrey Henry
Nacemento16 de novembro de 1940
Lugar de nacementoIlla Aitutaki
Falecemento9 de maio de 2012
Lugar de falecementoIllas Cook
Causacancro
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterUniversidade Vitoria de Wellington
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]

Geoffrey Arama Henry, nado en 1940 en Aitutaki, é un político das Illas Cook que foi líder do Partido das Illas Cook (1979-2006) e dúas veces primeiro ministro (1983 e 1989-1999).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henry estudou dereito na Universidade Vitoria de Wellington en Nova Zelandia, comezou a súa carreira política en 1965 como deputado independente, militante do PIC desde 1972, foi ministro de educación en 1973 e máis tarde de finanzas, converteuse no seu líder en 1978 logo que o seu primo Albert Henry se virá obrigado a dimitir. A primeira etapa de Geoffrey Henry como primeiro ministro foi curta, entre o 13 de abril e o 16 de novembro de 1983, a morte dun dos membros do seu partido e a oposición de Tupui Ariki Henry, fillo de Albert Royle que se opuña ao seu liderado, obrígano a dimitir, desde aquela foi o líder da oposición no Parlamento das Illas Cook. O seu segundo mandato como primeiro ministro comezou o 1 de febreiro de 1989 e rematou o 29 de xullo de 1999 cando dimitiu para evitar que os opostos ao seu liderado deixasen o partido[1] Joe Williams substituiuno como primeiro ministro, mais Henry permaneceu como o líder do partido.

En novembro de 2004, Henry converteuse no viceprimeiro ministro e ministro de finanzas nun goberno de coalición dirixido por Robert Woonton.[2] Henry continuou neste posto ata 2006, cando se retirou da política,[3] con Henry Puna como o novo líder do partido.

Desdeo o 16 de abril de 2009 é presidente do Comité Olímpico Nacional e Deportivo das Illas Cook[4], e desde 1992 é cabaleiro do Imperio Británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cook Island PM resigns". The New Zealand Herald. 1999-07-30. Consultado o 9/12/2010. 
  2. "Sir Geoffrey sworn in as deputy prime minister" Arquivado 01 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Cook Islands Government Press Release, 2004-11-16.
  3. "Sir Geoffrey Henry retires from Cook Islands politics", Radio New Zealand International, 2006-08-03.
  4. "Sir Geoffrey new CISNOC head" Arquivado 15 de maio de 2009 en Wayback Machine., Cook Islands News 2009-04-22.