José Luis Rivera Mallo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de setembro de 1936 Vilagarcía de Arousa, España |
| 1983 – 1991 ← José Recuna – Joaquín Javier Gago López → | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
José Luis Rivera Mallo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de setembro de 1936, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1979 foi elixido concelleiro en Vilagarcía de Arousa por Alianza Popular. Nas Eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular, sendo a máis votada, e foi elixido alcalde co apoio da Converxencia de Independentes de Galicia (CIGA). Nas municipais de 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 1991, xa como Partido Popular, perdeu a maioría absoluta e tamén a alcaldía logo de que os demais grupos apoiasen ao socialista Javier Gago como alcalde. Durante a súa etapa na alcaldía (1983-1991) foi Presidente do Consello de Administración de Fexdega e Presidente da Mancomunidade de concellos de Arousa. Paralelamente foi senador por Pontevedra na IV Lexislatura (1989-1993) e na V Lexislatura (1993-1996) ao saír escolleito nas eleccións de 1989 e de 1993. En 1995 encabezou de novo a candidatura do PP á alcaldía de Vilagarcía sendo derrotado polos socialistas de Javier Gago. Trala vitoria de José María Aznar nas eleccións xerais de 1996 foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
Porén, en abril de 1998 foi abruptamente destituído da presidencia portuaria, polo que abandonou o Partido Popular no mes de novembro. Desta forma, conformou a formación Independientes por Vilagarcía (IVIL) coa que se presentaría ás seguintes eleccións de 1999, 2003, en 2007 e en 2011, obtendo respectivamente 3, 2, 1 e 1 concelleiro, supoñendo unha grave sangría de votos á súa formación de orixe, especialmente nas primeiras convocatorias. Non foi ata 2011 cando o Partido Popular recuperou a alcaldía, se ben Rivera non os apoiou na investidura. En outubro de 2011 chegou a un acordo co Partido Popular polo cal regresaba á organización e integraba a candidatura que o partido presentaba ao Senado pola provincia de Pontevedra nas Eleccións xerais de 2011, polo que renunciaba á súa acta de concelleiro e o seu número 2 se integraba no goberno local do PP, prevendo a medio prazo a disolución de IVIL e a súa integración na formación conservadora[1]. Finalmente resultou elixido senador, permanecendo na cámara alta ata o remate da lexislatura en 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José Recuna |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1983 - 1991 |
Sucesor: Javier Gago |