Tomás Fernández-Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTomás Fernández-Couto
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Tomás Fernández-Couto Juanas, nado en Ferrol o 22 de setembro de 1960[1], é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título superior de enxeñería forestal na Universidade Politécnica de Madrid en 1984, e ao ano seguinte comezou xa a traballar na recentemente creada Xunta de Galicia, onde acabaría integrándose no corpo de funcionarios e onde desenvolveu toda a súa carreira laboral.

Durante os primeiros meses desempeñou funcións de técnico nos servizos provinciais da consellería de Agricultura en Pontevedra e Lugo, ata que en setembro de 1987 foi designado director técnico da Reserva Nacional de Caza dos Ancares. En 1990 foi nomeado xefe provincial de Lugo da política contra-incendios, ata que en 1992 ascendeu ata ocupar ese mesmo posto pero nos servizos centrais da Xunta.

En 1993 comezou a traballar na área de proxectos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e ao ano seguinte foi nomeado subdirector xeral de Medio Ambiente Natural. En 1996 foi designado director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no equipo de Tomás Pérez Vidal. Cando esta área pasa a pertencer á consellería de Medio Ambiente, con Carlos del Álamo, faise cargo da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, ao igual que baixo a responsabilidade de Xosé Manuel Barreiro. Tamén mantivo a dirección xeral durante uns meses mentres foi conselleiro Alfredo Suárez Canal, ata que este o relevou a finais de 2009.

Despois de pasar catro anos como xefe de servizo na consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, regresou á Dirección Xeral co goberno de Alberto Núñez Feijóo, ás ordes de Samuel Juárez. En xaneiro de 2012 foi designado secretario xeral da creada Consellería de Medio Rural e Mar. Foi destituído en novembro de 2020.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández-Couto Juanas, Tomás José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 215. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. David Reinero (26 de novembro de 2020). "Feijóo destitúe o responsable desde hai dúas décadas da loita contra os incendios forestais, Tomás Fernández-Couto". Praza Pública.