Todd Haynes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Todd Haynes
Todd Haynes at the 2009 Tribeca Film Festival.jpg
Haynes no Festival de Tribeca (2009)
Nacemento2 de xaneiro de 1961 (62 anos)
LugarOs Ánxeles (California)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade Brown, Bard College e Oakwood School, Los Angeles
ProfesiónDirector, produtor, guionista
Na rede
IMDB: nm0001331 Allocine: 15138 Rottentomatoes: celebrity/todd_haynes Allmovie: p93836 TCM: 521761 TV.com: people/todd-haynes
Musicbrainz: f42e5175-903c-4ecf-8435-665e0dc7badc Discogs: 628539 Allmusic: mn0001301917 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Todd Haynes ([heɪnz]), nado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 2 de xaneiro de 1961 é un director e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haynes comezou a ter interese polo cinema moi novo, e produciu unha curtametraxe, The Suicide (1978), mentres estaba no instituto. Na Universidade Brown estudou semiótica e alí dirixiu a súa primeira curtametraxe, Assassins: A Film Concerning Rimbaud (1985), inspirada polo poeta Arthur Rimbaud. Tras graduarse marchou a Nova York, onde se involucrou no cinema independente como produtor.[1]

Debutou na longametraxe con Poison (1991), que lle valeu recoñecemento e controversia,[1] pola súa exploración da homosexualidade e da figura do escritor Jean Genet.

En 2002 acadou un grande éxito de crítica e público con Far From Heaven (2002), melodrama ambientado na década de 1950 inspirado polos filmes de Douglas Sirk e con Julianne Moore e Dennis Quaid como protagonistas.

En 2011 dirixiu a miniserie Mildred Pierce, baseada na novela de James M. Cain, con Kate Winslet, e en 2015 foi candidato a varios premios por Carol, con Cate Blanchett e Rooney Mara.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Todd Haynes – Biography". The New York Times Company. Consultado o 11 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]